• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA e Coren estreitan a súa colaboración e ofrecen solucións sostibles aos cooperativistas

  • O banco e a cooperativa ourensá elaboran un catálogo de produtos e servizos á medida deste colectivo, cunha ampla presenza de propostas para acometer investimentos
  • As dúas entidades crean tamén solucións para facer fronte ás necesidades máis perentorias, derivadas da actual conxuntura económica
20220721-abanca-convenio-coren

O director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra, e a vicepresidenta do Grupo Coren, María Gómez-Franqueira, durante a sinatura.

Descarga en alta resolución

20220721-abanca-convenio-coren-2

De esquerda a dereita, o responsable financeiro da cooperativa, Jorge Vázquez; o director de Empresas de Ourense de ABANCA, Luis López; o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro; a vicepresidenta do Grupo Coren, María Gómez-Franqueira; o director territorial de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra; e o director xeral de Coren, Emilio Rial.

Descarga en alta resolución

21-07-2022
Negocio

ABANCA e Coren dan un novo impulso á súa histórica colaboración e renovan a convenio financeiro que manteñen as dúas entidades. O foco deste texto son novamente os cooperativistas, que desde este momento disporán de produtos e servizos atractivos e adaptados ás súas necesidades, tanto para facer fronte ás necesidades do día a día como para afrontar os investimentos que buscan mellorar a súa sostibilidade ou rendibilidade.

O texto foi asinado nas instalacións do Grupo Coren en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense), onde se emprazan as oficinas centrais da cooperativa e o seu Centro de Procesado Avícola. Na sinatura do novo convenio participaron a vicepresidenta do Grupo Coren, María Gómez-Franqueira e o director territorial do banco en Ourense, Rubén Saavedra. Ao acto tamén asistiu o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro, e o director de Empresas de Ourense, Luis López; ademais do director xeral de Coren, Emilio Rial, e o responsable financeiro da cooperativa, Jorge Vázquez. Logo da sinatura, representantes das dúas entidades mantiveron unha reunión para analizar as perspectivas de futuro do sector e anticiparse a necesidades futuras.

Grazas a este acordo, os cooperativistas poderán acceder a condicións melloradas na contratación de produtos e servizos deseñados especificamente para facer fronte aos grandes investimentos asociados á transformación das súas explotacións, moi especialmente en termos de sostibilidade e mellora competitiva. Para iso, o banco dispón de distintas opcións, que inclúen xuros moi baixos, prazos amplos de amortización e a posibilidade de introducir carencias.

Os profesionais que se integran en Coren tamén poderán acceder a outras alternativas deseñadas para afrontar as necesidades máis perentorias, en moitos casos derivadas da actual conxuntura económica de aumento de prezos das materias primas e da enerxía. O acordo detalla a opción de acceder a financiamento de investimentos en condicións bonificadas para acceder aos fondos Next Generation da Unión Europea. Tamén pólizas de crédito con prazos que reducen os gastos de formalización, anticipos de subvencións, aprazamento de impostos, financiamento de primas de seguros agrarios, ou avais, entre outros.

O banco pon tamén a disposición dos cooperativistas a súa experiencia co sector primario en Galicia, grazas á súa unidade especializada ABANCA Agro, que contan cun catálogo de produtos adaptados ás súas necesidades e con xestores especializados. Ademais, poderán gozar das fórmulas de financiamento oficiais con diversos organismos públicos, como o SAECA, FEI, as SGR ou os convenios coa Consellería do Medio Rural con subsidicación de interés no anticipo da PAC ou na liña de financiamento de circulante.

Esta sinatura prodúcese logo de que o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, se reunise co presidente de Coren, Manuel Gómez-Franqueira, nas instalacións do grupo ourensán o pasado mes de maio, encontro no que puido amosar o compromiso do banco con Coren, pero tamén co sector primario e coa economía de Galicia.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

Nace ABANCA Energy para apoiar a empresas e familias no proceso de transición enerxética

01-06-2023
Negocio Sostenibilidad

ABANCA creou a unidade co obxectivo de impulsar o desenvolvemento de proxectos enerxéticos promovendo o proceso de abandono das enerxías baseadas nos combustibles fósiles e a súa substitución por novas fontes sostibles.

20220621-abanca-4

Bankoa ABANCA e BilbaoCentro unen forzas para dinamizar o comercio e a hostalería local

11-05-2023
Negocio

O banco e a agrupación que representa ao comercio, a hostalería e as empresas de servizos situadas no distrito bilbaíno de Abando, elaboran un catálogo cunha oferta específica para o sector.

20230510-abanca-bilbaocentro

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Inauguración da exposición ‘A arte de comezar e a arte de rematar’

12.04.2022. A mostra reúne 50 obras da Colección ABANCA de artistas de relevancia internacional como Kandinsky, Picasso, ...

Presentación do novo modelo e primeiros produtos generales propios de ABANCA Seguros

19.05.2021. ABANCA presenta o novo modelo de relación omnicanal co cliente de ABANCA Seguros e os primeiros productos xerais ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións da directora comercial de ABANCA Seguros, Sonia Lucio Velez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación do novo modelo e primeiros seguros xerais propios de ABANCA Seguros

Declaracións do director xeral de ABANCA Seguros, Álvaro García Diéguez, durante a presentación do novo modelo de atención ...

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

Presentación Campaña Copiloto ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.