• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA incrementa o financiamento ao sector agro nun 29% en 2020

  • A entidade lanza unha liña de preautorizados para financiar o anticipo de axudas PAC e a contratación de seguros agrarios
  • Dous de cada tres clientes de ABANCA Agro teñen á súa disposición créditos preautorizados por importe máximo de 100.000 euros para estes destinos
  • ABANCA Agro celebrou hoxe un encontro dixital para clientes do sector no que se abordou a próxima reforma da Política Agraria Común da Unión Europea
  • A xornada contou coa presenza do conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, do conselleiro de Medio Rural, José González, e de representantes da entidade financeira, das administracións públicas e do sector
20210310-abanca-1

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro, con representantes do sector agrario que asistiron ao acto.

Descarga en alta resolución

20210310-abanca-2

De esquerda a dereita: Jorge Piñeiro, subdirector xeral de Xestión PAC da Consellería de Medio Rural de la Xunta de Galicia; Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA; Jesús Combarro, director de ABANCA Agro; e Higinio Mougán, director xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias.

Descarga en alta resolución

Descarga los contenidos anexos

  • Encontro dixital para clientes dedicado á vindeira reforma da Política Agraria Común 10.03.2021. Declaracións do conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, durante a súa intervención no encontro dixital sobre a reforma da PAC.
10-03-2021
Negocio

ABANCA Agro, unidade especializada de ABANCA para dar servizo ao sector agrícola, gandeiro, forestal e vitivinícola, celebrou hoxe en formato videoconferencia un encontro dixital para clientes dedicado á próxima reforma da Política Agraria Común da Unión Europea. A xornada abordou as principais claves da reforma, como a sostibilidade ou o a reorganización da asignación das axudas, e prestou especial atención ás características particulares do sector en Galicia.

O encontro contou coa participación de Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, quen realizou a intervención de apertura, Jesús Combarro, director de ABANCA Agro, Ignacio Atance, subdirector xeral de Planificación de Políticas Agrarias do Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación, Jorge Piñeiro, subdirector xeral de Xestión PAC da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, Higinio Mougán, director xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, e José González, conselleiro de Medio Rural da Xunta de Galicia, quen pechou a xornada.

Incremento do financiamento

Na súa intervención de apertura, o conselleiro delegado de ABANCA reafirmou o compromiso da entidade co sector primario. “Considerando o volume de financiamento que dedicamos ás actividades agroalimentarias en relación co volume total dirixido a actividades produtivas, ABANCA é unha entidade máis orientada ao sector primario que a media do sector financeiro”, explicou. A través de ABANCA Agro, unidade especializada creada en 2015, a entidade atende as necesidades de máis de 53.000 clientes da cadea de valor relacionada coas actividades agrícolas, gandeiras, forestais e vitivinícolas (produtores, provedores, industrias, etc.).

En conxunto, ABANCA mantén co sector un volume de financiamento de 2.100 millóns de euros, fundamentalmente en Galicia. “En 2020 formalizamos novas operacións de financiamento co sector por importe de 1.257 millóns de euros, un 28,79% máis que en 2019”, sinalou Francisco Botas. O importe medio das operacións formalizadas en Galicia foi de 58.300 euros, cifra que pon de manifesto o compromiso de ABANCA co tecido produtivo de base.

Líder en domiciliación de axudas PAC

O conselleiro delegado anunciou o lanzamento por parte de ABANCA dunha liña de financiamento específico (preautorizados) para anticipar aos clientes do banco as axudas da PAC da campaña 2021 das que sexan beneficiarios, así como para a contratación de agroseguros. Dous de cada tres clientes de ABANCA Agro beneficiarios da PAC teñen á súa disposición créditos preautorizados por importe máximo de 100.000 euros para estes destinos.

“En ABANCA somos plenamente conscientes da importancia económica desta ferramenta para o sector, polo que ofrecemos aos nosos clientes o máximo apoio na súa xestión”, destacou Francisco Botas. Para a presente campaña 2021 que acaba de iniciarse, ABANCA impartiu preto de 1.000 horas de formación, entre actualización e iniciación, a un equipo de 160 tramitadores. Polo que respecta á operativa, a entidade pon a disposición dos seus clientes protocolos de tramitación a distancia combinados coa tramitación presencial en oficinas, co obxectivo de ofrecer o mellor servizo aos seus clientes mesmo en escenarios de especial complexidade, como o actual.

ABANCA é a entidade líder en Galicia por cota de domiciliación das axudas da PAC, cunha cota de mercado do 48,78% no exercicio 2020. A entidade ven incrementando a súa cota de maneira continua ano a ano desde 2015.

Especificidades da España húmida

Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural, José González, apelou ao recoñecemento da España húmida e das súas especificidades no reparto de fondos da futura PAC a nivel nacional, “para facer dela, realmente, unha política común”. O conselleiro apostou polo recoñecemento da explotación familiar agraria sustentable do norte de España, que defenden en conxunto as comunidades da Cornixa Cantábrica, fronte á “orientación mediterránea” que cualificou de “sesgada” e volveu reclamar que os cartos da PAC se distribúan “en función das particularidades de cada territorio”.

Nesta liña, José González demandou un tratamento equitativo das explotacións dentro da axuda básica á renda e un período transitorio, así como medidas correctoras, que faciliten o proceso de converxencia. Tamén pediu que se manteñan as axudas asociadas ao vacún de leite e carne e ao ovino-cabrún, cunha dotación semellante ao último período de vixencia da PAC.

Por outra parte, o conselleiro puxo en valor a importancia de entidades financeiras como ABANCA na xestión destes fondos europeos e lembrou que grazas á súa implicación moitos agricultores e gandeiros galegos puideron percibir o anticipo das axudas da PAC xa no verán pasado, para inxectarlles liquidez debido á emerxencia sanitaria. Un anticipo -salientou- de preto de 300 millóns de euros correspondentes a diferentes liñas, dentro do Plan de liquidez aprobado pola Xunta para facer fronte ás consecuencias da pandemia. E salientou que a Consellería do Medio Rural asumiu, neste caso, a comisión máxima inicial de apertura do 1% para facer efectivo o anticipo. Por todo isto, José González reiterou o seu agradecemento a ABANCA polo “compromiso continuo que sempre demostra para con Galicia”.

Contidos técnicos

Ignacio Atance, subdirector xeral de Planificación de Políticas Agrarias do Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación, sintetizou as características da futura PAC nunha "maior orientación ao rendemento e aos resultados tanxibles, e menos ao cumprimento e ás normas; un novo método de traballo, a través dun único plan estratéxico que abarque as axudas directas, as medidas de desenvolvemento rural e os programas sectoriais; unha maior ambición en canto ao medio ambiente e á acción polo clima; e un trato máis equitativo mediante unha maior orientación ás pequenas e medianas explotacións familiares".

Jorge Piñeiro, subdirector xeral de Xestión PAC da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, situou os obxectivos de Galicia ante a reforma da PAC en "manter un nivel de apoio á renda dos agricultores similar ao período actual e en avanzar cara a unha redistribución de axudas cunha maior equidade na repartición e un maior apoio aos pequenos e medianos produtores".

Para Higinio Mougán, director xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, "as implicacións finais da reforma da PAC van depender do desenvolvemento do proceso de negociación, aínda que espero que a conclusión final nos leve a unha situación na que globalmente Galicia poida quedar mellor. En conxunto, o sector vai ter que realizar un esforzo de adaptación aos novos requisitos ambientais".

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA e a Cámara de Cáceres comprométense co tecido produtivo e impulsan a sostibilidade

08-04-2021
Negocio

ABANCA e a Cámara de Comercio, Industria e Servizos de Cáceres acaban de asinar un convenio de colaboración que permitirá á entidade financeira dar un paso máis no apoio á sostibilidade e ás necesidades de crédito do tecido produtivo e agrogandeiro desta provincia estremeña.

20210408-abanca-convenio-camara-cc

ABANCA robustece o seu negocio de banca persoal coa compra da rede española do Grupo Novo Banco

05-04-2021
Corporativo Negocio

Con esta operación, a entidade alcanza os 100.000 millóns de euros de volume de negocio e reforzará o seu posicionamento en dous ámbitos de actividade prioritarios: o negocio de banca persoal e privada e o negocio de empresas.

20210405-abanca-r4-3

Elementos da mediateca relacionados:

Intervención de Francisco Botas no I Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación

12.03.2021 O conselleiro delegado de ABANCA explica o papel da dirección Next Generation ABANCA e do conxunto do banco no ...

Intervención de Juan Carlos Escotet Rodríguez no I Foro Industrial de Fondos Europeos de Recuperación

12.03.2021 O presidente de ABANCA salienta a importancia para a recuperación de protexer os asuntos esenciais do futuro ...

Encontro dixital para clientes dedicado á vindeira reforma da Política Agraria Común

10.03.2021. A xornada abordou as principais claves da reforma, como a sostibilidade ou o a reorganización da asignación ...

Inauguración oficina de empresas de ABANCA en Vigo

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Oficina de empresas de ABANCA en Vigo

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

Presentación de ABANCA en Extremadura

20.11.2019. Declaracións do presidente e o conselleiro delegado de ABANCA durante a presentación da entidade en Extremadura ...

Presentación de ABANCA en Extremadura

20.11.2019. Declaracións do presidente e o conselleiro delegado de ABANCA durante a presentación da entidade en Extremadura ...

Presentación de ABANCA en Extremadura

20.11.2019. Declaracións do presidente e o conselleiro delegado de ABANCA durante a presentación da entidade en Extremadura ...

20191022 Presentación ABANCA Seguros

20191022 Presentación ABANCA Seguros

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA Portugal

Presentación ABANCA Portugal

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)