• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA inicia en León o seu programa de formación e capacitación dixital de persoas maiores en zonas rurais

  • O eixo central das primeiras actividades é a protección contra a fraude
  • As primeiras sesións desenvolvéronse en Bembibre e Villafranca del Bierzo
  • O obxectivo do programa é mellorar a inclusión e a seguridade financeira da poboación de maior idade
202306-abanca-formacion-mayores-leon-1

Sesión en Villafranca del Bierzo.

Descarga en alta resolución

202306-abanca-formacion-mayores-leon-2

Sesión formativa en Bembibre.

Descarga en alta resolución

15-06-2023
Sostenibilidad

ABANCA iniciou en León o seu programa de formación e capacitación de persoas maiores en zonas rurais. A iniciativa forma parte do plan de acción posto en marcha polo banco para mellorar a inclusión e a seguridade financeira da poboación de maior idade, especialmente daquela que vive en contornas rurais e adoita estar menos dixitalizada.

A primeira actividade proposta está centrada na protección contra a fraude. Nela ofrécense consellos aos participantes para que poidan operar de forma segura coas súas tarxetas financeiras e a través das canles de autoservizo, como os caixeiros automáticos ou a banca móbil. Tamén se lles facilita información sobre os tipos de fraudes máis habituais na actualidade, como o vishing, o smishing, o phishing ou o malware, para que poidan ser capaces de identificalos e, deste xeito, evitalos.

De maneira complementaria, entrégase aos asistentes un documento no que se recollen todas as indicacións e consellos de maneira sinxela e visual, para que poidan ter a información a man e consultala en calquera momento que o necesiten.

As primeiras xornadas do programa desenvolvéronse no Centro de Día de Bembibre e no Centro de Xubilados de Villafranca del Bierzo, coa asistencia de 50 persoas en total. As sesións continuarán as próximas semanas noutras localizacións da provincia.

Compromiso coa educación financeira e as persoas maiores

Este plan de formación e capacitación dixital forma parte do programa de educación financeira de ABANCA. Durante o ano pasado desenvolveuse en Galicia a súa primeira edición, con 52 accións formativas nas que participaron máis de 600 persoas. Desde que comezou a segunda edición, organizáronse 29 novas xornadas en Galicia e dúas na provincia de León, de acordo coa vontade do banco de ampliar os programas sociais que desenvolve a aqueles territorios que considera estratéxicos e cos que mantén unha vinculación histórica.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA lanza unha hipoteca para financiar vivendas eficientes

14-06-2023
Negocio Sostenibilidad

Con esta nova solución de financiamento o banco amplía a súa oferta de produtos sostibles e dá un novo paso na liña marcada no seu Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible 2021-2024.

20230614-abanca-s45

ABANCA e a CEG asinan un acordo para dedicar 600 millóns de euros á transición enerxética das pemes galegas

06-06-2023
Negocio Sostenibilidad

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, subscribiron hoxe en Santiago de Compostela un acordo de colaboración para apoiar ás empresas galegas no proceso de transición cara ao uso de fontes de enerxía sostibles.

20230606-abanca-ceg

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada de limpeza de microplásticos na praia de Zarautz

22.10.2022. Medio centenar de persoas voluntarias participaron na recollida de residuos, que foi a primeira actividade de ...

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Acto de entrega de 30 redes recicladas para porterías do proxecto Redes Vivas ao R.C. Celta, R.C. Deportivo ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Susana Ortiz, directora de Marketing de ABANCA, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Eduard Campadabal, xogador do C.D. Lugo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Álex Bergantiños, xogador do R.C. Deportivo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Presentación proxecto Redes Vivas

08.06.2021. Presentación do proxecto 'Redes Vivas. Do fondo do mar ao centro do campo'.

Plan de Sostibilidade de ABANCA

13.05.2021. Presentación do Plan de Sostibilidade de ABANCA.

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.