• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA inicia un programa para facilitar a incorporación da mocidade ao mercado laboral

  • ABANCA formará os estudantes en produtos financeiros, coñecemento do negocio, protocolos comerciais ou control interno
05-06-2015
Corporativo

ABANCA vén de lanzar ‘Experiencia ABANCA’, un programa enfocado a atraer o talento das universidades de Galicia, León e Asturias, facilitando a incorporación ao mercado laboral a un total de 74 titulados recentes. A través dun proceso de selección transparente e profesionalizado que incluíu dinámicas de grupo e entrevistas persoais, ABANCA contribúe a facilitar o tránsito entre a etapa formativa e o inicio da carreira profesional.

‘Experiencia ABANCA’ buscou candidatos entre os titulados recentes de ADE, Empresariais, Económicas, Ciencias Políticas ou Dereito das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, León e Asturias, así como da Escola de Negocios Afundación. Tamén se seleccionaron alumnos de programas de posgrao da Escola de Finanzas da Coruña, dos master en Banca e Finanzas da Universidade de Santiago e a Universidade de Vigo ou do MBA da Escola de Negocios Afundación. A entidade financeira realizou sesións de presentación nos centros desta iniciativa socialmente responsable.

Os mozos e mozas escollidos incorporaranse á entidade con todas as garantías laborais a través dun contrato en prácticas de entre seis e sete meses, remunerado e a tempo completo. “Todos terán a opción de desenvolver as súas aptitudes e poñer en práctica os coñecementos teóricos asimilados durante a súa formación, así como coñecer un entorno laboral real e perfilar unha orientación profesional”, segundo a directora xeral de Capital Humano María Camino. Ademais, poderán aportar unha nova visión aos profesionais de ABANCA, transmitindo oportunidades de mellora en función da súa experiencia.

Experiencia práctica

ABANCA completará a formación dos candidatos seleccionados cun curso teórico-práctico de introdución que inclúe coñecementos específicos en produtos financeiros, coñecemento do negocio, protocolos comerciais, control interno ou ferramentas de traballo. Unha vez completado este curso, o banco seguirá apostando pola súa formación e a asimilación progresiva de coñecementos, grazas a cursos específicos de seguridade en oficinas, xestión de efectivo, prevención de branqueo de capitais ou seguros. Tamén se organizarán obradoiros formativos para ampliar coñecementos en tarxetas, banca electrónica, pasivo e seguros.

A experiencia profesional dos titulados recentes durante estes seis ou sete meses verase en todo momento tutelada por profesionais da entidade financeira. Os directores das oficina nas que traballen e Capital Humano encargaranse de facer un seguimento personalizado e avaliarán cualitativa e cuantitativamente o seu desempeño, co fin de construír unha canteira de futuro para a entidade.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

10-05-2023
Corporativo

A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova.

20230510-abanca-innova-2

Publicada a entrega 24 do Observatorio ABANCA

25-04-2023
Corporativo

A vixesimocuarta entrega do Observatorio ABANCA analiza o periodo ata o 25 de abril de 2023.

20230425-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Inauguración da nova sede corporativa de ABANCA en Estremadura

14.02.2023. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, participaron ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

Intervención de Francisco Botas no IV Foro La Toja

01.10.2022. O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, participou na IV Edición do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, ...

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

Observatorio ABANCA - entrega 24

Observatorio ABANCA - entrega 24

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.