• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

ABANCA presenta no Museo Nacional Thyssen a exposición ‘Dalí e o surrealismo na Colección de Arte ABANCA’

  • Trece obras do fondo artístico do banco vinculadas a esta corrente subliñan o seu papel fundamental na historia da arte
  • Entre os artistas seleccionados destacan autores imprescindibles como Salvador Dalí, Max Ernst, Giorgio de Chirico, Joan Miró, Óscar Domínguez ou Maruja Mallo
20181106-abanca-expo-1

De esquerda a dereita, Evelio Acevedo, director xerente do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza; Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA; Juan Ángel López Manzanares, conservador do museo e comisario da exposición, e Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA.

Descarga en alta resolución

20181106-abanca-expo-2

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, durante a visita guiada á exposición.

Descarga en alta resolución

20181106-abanca-expo-3

Algúns dos asistentes á presentación da exposición no Museo Thyssen.

Descarga en alta resolución

06-11-2018
RSC

ABANCA acaba de presentar no Museo Nacional Thyssen-Bornemisza o proxecto expositivo Dalí e o surrealismo en la Colección de Arte ABANCA, que reúne 13 obras seleccionadas dos fondos artísticos do banco vinculadas a este movemento imprescindible na historia da arte do século XX.

Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA; Guillermo Solana, director artístico do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, e Juan Ángel López Manzanares, comisario da exposición e conservador do museo, deron a coñecer a proposta artística, que poderá visitarse gratuitamente até o 27 de xaneiro.

O presidente de ABANCA sinalou a súa satisfacción por ter a oportunidade de avanzar nun dos obxectivos que a entidade se marcou como prioritarios na xestión deste importante patrimonio artístico, que non é outro que “garantir a conservación e difusión de todas as obras que o integran, cumprindo co deber e a responsabilidade que implica esta tarefa cando falamos dun conxunto de 1.350 obras declaradas Ben de Interese Cultural”.

É a segunda vez que ambas as institucións colaboran para achegar á cidadanía unha pequena mostra dos fondos artísticos do banco, despois da exposición Picasso e o cubismo na Colección de Arte ABANCA, que se puido contemplar no mesmo espazo durante o outono de 2015 e que atraeu a máis de 41.000 visitantes.

Como escribe no catálogo Guillermo Solana, "Cando fai tres anos inauguramos no Thyssen a exposición Picasso e o cubismo na Colección de Arte ABANCA xa tiñamos a idea de organizar unha segunda exposición centrada na figura de Dalí. […] a Colección ABANCA posúe dúas pezas moi importantes do artista de Figueras: Las rosas sangrientas (que estivo no Thyssen na mostra Lágrimas de Eros) e o Patio oeste de la Isla de los muertos, homenaje a Böcklin vinculado a unha das pinturas de Dalí nas nosas propias coleccións, Gradiva descubre las ruinas antropomorfas."

O protagonismo da mostra recae, por tanto, na figura de Salvador Dalí, un dos artistas máis relevantes da arte contemporánea con presenza na Colección ABANCA. A súa influencia dentro das vangardas é esencial até o punto de converterse nunha referencia indiscutible do movemento surrealista mundial. Para a mostra seleccionáronse dúas obras significativas dentro da ampla produción deste creador que forman parte dos fondos artísticos do banco, Les Roses Sanglantes (1930) e Cour ouest de l’îlle des morts (obession reconstitutive d’après Böcklin) (1934). Con estes dous lenzos como punto de partida elabórase un discurso expositivo no que participan outras 11 obras destacadas da pinacoteca corporativa vinculadas ao surrealismo.

Todas elas, como sinala o comisario Juan Ángel López Manzanares, ilustran a dobre faceta creativa do surrealismo centrada na "escritura automática" e "o relato dos soños", dualidade na que "non só estaba en xogo a primacía da escritura fronte á pintura, e con ela, a existencia ou non dunha plástica surrealista", senón tamén "unha toma de partido por un tipo de creación instintiva e azarosa, ou por outra de carácter máis premeditado e razoado, elaborada a partir da memoria."

En total, na mostra poderanse contemplar 13 pinturas de dez artistas diferentes, entre os que destacan nomes de recoñecido prestixio no panorama artístico internacional como Giorgio de Chirico, Max Ernst, Roberto Matta ou Wildfredo Lam. A nómina de autores continúa con pintores nacionais como Joan Miró e Óscar Domínguez. Tamén haberá representantes desta corrente en Galicia, a través de obras de Maruja Mallo, Eugenio Fernández Granell e Urbano Lugrís.

Como na ocasión anterior, os visitantes que desexen ampliar información sobre os artistas e as obras expostas poderán utilizar a aplicación para dispositivos móbiles Colección de Arte, dispoñible para os sistemas operativos Android e iOS.

Colección de Arte ABANCA

A arte moderna e contemporánea da segunda metade do século XX é un dos eixos que vertebran a Colección de Arte ABANCA, un conxunto artístico formado por 1.350 obras de 250 artistas tanto españois como internacionais que foi declarado Ben de Interese Cultural en 2015. Neste ámbito, nos fondos do banco están representados creadores que exerceron unha influencia esencial no devir da historia da arte como o propio Dalí, Picasso, Leger, Miró, Braque, Millares, Chillida, Tàpies, Juan Muñoz ou Barceló, entre moitos outros.

O outro alicerce da colección configúrao a arte galega. Este é a orixe do fondo artístico, que se remonta á década dos 70, e o traballo de adquisición realizado ao longo dos anos levou a reunir un conxunto de nomes e obras que simbolizan traxectorias e etapas da historia artística de Galicia desde o século XIX até practicamente a actualidade. Destacan autores como Pérez Villaamil, Sotomayor, Castelao ou Carlos Sobrino, xunto con outros creadores que, baixo a influencia das vangardas internacionais, supoñen unha verdadeira renovación da pintura galega, como Manuel Colmeiro, Arturo Souto, Carlos Maside, Laxeiro ou Luís Seoane. O fondo tamén conta con exemplos de artistas con amplo recoñecemento internacional na actualidade, como Francisco Leiro ou Antonio Murado.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

A actividade comercial resiste á quinta onda e crece un 11% fronte a 2020 e un 7% fronte a 2019, segundo o Observatorio ABANCA by IESIDE

26-07-2021
RSC

O Observatorio ABANCA by IESIDE publica hoxe a décimo terceira entrega do seu informe sobre a evolución da actividade comercial en Galicia.

20210726-abanca-observatorio-13-gl

O Observatorio ABANCA by IESIDE mostra a recuperación da actividade comercial en Galicia tras a fin do estado de alarma

20-05-2021
RSC

O Observatorio ABANCA by IESIDE publica hoxe a decimosegunda entrega do seu informe sobre a evolución da actividade comercial en Galicia, que nesta ocasión analiza o período do 12 de abril ao 16 de maio.

20210520-abanca-observatorio-gl

Elementos da mediateca relacionados:

Francisco Botas participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021.O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, autor dun dos capítulos do libro, sintetiza as medidas que ...

Juan Carlos Escotet Rodríguez participa na presentación do libro de IESIDE 'Después de la pandemia: Reflexiones y desafíos para Galicia'

10.02.2021. O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, autor do prólogo da publicación, apela á responsabilidade ...

Exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'

02.12.2020. Vídeo presentación da exposición 'Mirar de novo. A muller contra o tempo'.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

Xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’

Extracto da intervención do conselleiro delegado de ABANCA interveu na xornada ‘Cara a unha sociedade sostible’, centrada ...

ABANCA e Afundación entregan o XL Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba

21.11.2019. Declaracións do presidente de Afundación e director xeral de Responsabilidad Social Corporativa e Comunicación ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 13

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 12 - Pontevedra

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 12 - Pontevedra

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)