• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

CECA premia na súa convocatoria nacional dous programas de educación financeira de Afundación e ABANCA

  • «Grand Prix financeiro» e «A tola aventura do aforro» foron galardoados co primeiro premio na categoría de nenos e mozos
  • Os galardóns entregáronse hoxe en Madrid no transcurso da gala dos Premios CECA de Obra Social e Educación Financeira
20221215-abanca-ceca-1

O director xerente de Afundación, Pedro Otero, con Ona Carbonell, embaixadora da Obra Social CECA.

Descarga en alta resolución

20221215-abanca-ceca-2

Foto de familia de todas as institucións galardoadas nesta edición dos premios.

Descarga en alta resolución

15-12-2022
RSC Sostenibilidad

A Confederación Española de Caixas de Aforro (CECA) recoñeceu a ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, nunha gala de entrega celebrada este mediodía na súa sede social en Madrid, co primeiro premio na categoría de nenos e mozos na área de Educación Financeira. O director xerente de Afundación, Pedro Otero, recolleu o galardón que distingue os programas «Grand Prix financeiro» e «A tola aventura do aforro». Os premios, que se entregan a nivel nacional, recoñecen anualmente o labor daquelas entidades e fundacións que demostraron un alto grao de compromiso coa sociedade e, en particular, cos colectivos máis vulnerables.

Nesta edición entregáronse premios en dez categorías e dous premios especiais. Na área de obra social, nos apartados de acción social, cultura e patrimonio, deporte e lecer, desenvolvemento local e creación de emprego, educación e investigación e medioambiente. Mentres, na área de educación financeira, distinguíronse as categorías de nenos e novos, adultos, maiores e emprendedores. Ademais, outorgáronse dous premios especiais do xurado á traxectoria da Obra Social e á promoción e divulgación da Educación Financeira.

Gran Prix Financeiro e A tola aventura do aforro

Os programas «Gran Prix financeiro», en formato presencial, e «A tola aventura do aforro», a súa versión dixital, nacen co obxectivo de achegar ás aulas de todo o territorio español, a educación financeira aplicada á vida real. En ambos, a través de contornas gamificadas, os escolares aprenden a xestionar o diñeiro dunha forma responsable, planificar os gastos, tomar decisións ou a distinguir entre desexos e necesidades, sempre desde unha educación en valores que sente unhas bases útiles na vida adulta. En ambos os proxectos participaron xa máis de 109.000 estudantes e docentes de máis de 1400 centros educativos de toda España.

A iniciativa forma parte do programa de educación financeira de ABANCA e Afundación que ten un carácter universal e inclusivo e conta con actividades adaptadas ás necesidades de formación en finanzas que presentan os diferentes colectivos sociais en función da etapa da vida na que se atopan, desde a infancia ata os maiores de 60 anos. A programación deséñase ao redor de catro grandes eixos: aprender a xestionar o diñeiro, aprender a xestionar riscos, saúde e alfabetización financeira, e fomento da cultura emprendedora.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA achegará a Afundación 45 millóns de euros ata 2027

15-12-2022
RSC Sostenibilidad

O acordo reforza o compromiso social de ABANCA e supera o adquirido en 2014. Coa achega, o banco financia o plan estratéxico 2022-2026 de Afundación.

20180525-abanca-rating

ABANCA e Afundación inician unha campaña solidaria do Nadal de recollida de xoguetes para as familias de Ucraína

05-12-2022
RSC

O banco e a súa Obra Social abrirán a partir do venres 9 de decembro dous locais na Coruña e Vigo para recoller as doazóns.

20221205-abanca-navidad-sonrisas

Elementos da mediateca relacionados:

Xornada de limpeza de microplásticos na praia de Zarautz

22.10.2022. Medio centenar de persoas voluntarias participaron na recollida de residuos, que foi a primeira actividade de ...

A Obra Social ABANCA inaugura na Coruña a exposición internacional, inmersiva e interactiva ‘AI: More than Human’

05.09.2022. Acto de inauguración da exposición 'AI: More than Human' na sede de Afundación na Coruña.

Xornada divulgativa ABANCA PERTE agroalimentario

16.06.2022. O evento abordou as oportunidades ofrecidas polo programa de axudas Next Generation para impulsar a modernización, ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

De esquerda a dereita, Colm Tóibín, Pedro Feijóo e Javier Cercas, co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o director ...

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O ganador do premio en lingua española, Javier Cercas, durante o acto de entrega celebrado no instituto Rosalía de Castro.

XXI Premios San Clemente Rosalía ABANCA

O director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda, durante o acto de entrega.

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Susana Ortiz, directora de Marketing de ABANCA, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Eduard Campadabal, xogador do C.D. Lugo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Entrega de redes recicladas do proxecto Redes Vivas a Celta, Dépor e Lugo

27.04.2022. Declaracións de Álex Bergantiños, xogador do R.C. Deportivo, no acto de entrega de redes recicladas do proxecto ...

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 19

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 19

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 18

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 18

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 17

Observatorio ABANCA by IESIDE - entrega 17

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)