• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Francisco Botas entrega en Baralla o premio á mellor oficina rural de ABANCA

  • O conselleiro delegado de ABANCA visitou outras tres oficinas da provincia de Lugo e conversou co seu persoal sobre a súa actividade diaria, o servizo prestado aos clientes, con especial atención aos maiores, e as prioridades do banco para os próximos meses
  • O banco é a primeira entidade financeira da provincia por cobertura de poboación (95,2%) e cota de mercado (39,5%)
  • O investimento crediticio total de ABANCA en Lugo é de 1.376 millóns de euros, con novas operacións en 2021 por importe de 273 millóns, dos cales 188 destináronse a empresas e autónomos
20220208-abanca-visita-oficinas-1

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas (segundo pola dereita na imaxe), entrega o premio 'Mellor Oficina Rural de ABANCA 2018-2021' á oficina de Baralla.

Descarga en alta resolución

20220208-abanca-visita-oficinas-2

Visita do conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas (no centro da imaxe), á oficina da entidade en O Corgo.

Descarga en alta resolución

20220208-abanca-visita-oficinas-3

Visita do conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas (no centro da imaxe), á oficina da entidade en Praza de Santo Domingo - Lugo.

Descarga en alta resolución

20220208-abanca-visita-oficinas-4

Visita do conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas (no centro da imaxe), á oficina principal da entidade en Lugo.

Descarga en alta resolución

08-02-2022
Corporativo

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, entregou hoxe á oficina de Baralla o premio ‘Mellor Oficina Rural de ABANCA 2018-2021’. O premio recoñece o labor dunha oficina da que é cliente o 96,49% da poboación do concello e que no pasado ano destacou en aspectos esenciais da calidade de atención e servizo, como son a experiencia de cliente e a satisfacción do cliente co seu xestor persoal.

A entrega deste recoñecemento forma parte dunha xornada de traballo desenvolvida por ABANCA en Lugo como mostra do compromiso do banco cos seus clientes da provincia, na que é a entidade financeira líder tanto por cota de mercado como por número de oficinas.

O conselleiro delegado de ABANCA visitou catro das oficinas que o banco ten na provincia de Lugo: dúas urbanas e de gran dimensión (Oficina Principal e Praza de Santo Domingo, as dúas situadas en Lugo cidade) e outras dúas en concellos rurais de pequeno tamaño (Baralla e O Corgo, nos que ABANCA é a única entidade financeira con actividade).

Na súa visita, Francisco Botas intercambiou impresións co persoal sobre a actividade das oficinas, o servizo diario prestado aos clientes, con especial atención aos clientes maiores, e as prioridades do banco para os próximos meses.

Primeira entidade financeira de Lugo

ABANCA conta en Lugo cunha rede comercial formada por 69 oficinas, o 39,7% do total da provincia, que dan servizo a case 200.000 clientes. O banco está presente en 58 dos seus 67 concellos, o que supón unha cobertura do 83% do total e do 95,2% da poboación. ABANCA é tamén a primeira entidade por cota de mercado, cun 39,5%.

O investimento crediticio total de ABANCA en Lugo é de 1.376 millóns de euros. En 2021 formalizou novas operacións por importe de 273 millóns, dos cales 188 millóns tiveron por destino as empresas e autónomos. O volume de negocio de ABANCA en Lugo sitúase en 6.801 millóns de euros.

A actividade de ABANCA en Lugo ten no financiamento ao medio rural e ao tecido económico do agro dúas das súas grandes prioridades. Ao longo de 2021, as oficinas rurais de ABANCA en Lugo asinaron operacións de financiamento por importe de 192 millóns de euros, o que supuxo un crecemento neto do investimento de 29,8 millóns de euros.

Polo que respecta ao financiamento do segmento agro, o banco formalizou en 2021 operacións por importe de 48 millóns de euros (no bienio 2020-21, a cantidade total ascende a 128,5 millóns). ABANCA é ademais a primeira entidade en domiciliación das axudas da PAC, cunha cota do 44,06%, crecendo 1,18 puntos respecto de 2020.

Actividade da Obra Social

A presenza de ABANCA na provincia de Lugo compleméntase coas accións desenvolvidas pola súa obra social, Afundación. A entidade celebra anualmente unha media de 200 actividades, nas que participan máis de 31.000 persoas. Nos catro últimos anos,Afundación investiu 2,3 millóns de euros na provincia.

A súa actividade chega a 39 concellos a través de convenios de desenvolvemento cultural/educativo, exposicións (proxecto Corrente Cultural, Ataquilla) e educación en valores (artes plásticas, escénicas, literarias e educación financeira).

Afundación mantén unha importante presenza permanente en Lugo cidade, con espazos que suman unha superficie a disposición da cidadanía de 2.600 m2, pero tamén nos concellos de Viveiro e Monforte (1.300 e 830 m2 respectivamente).

Doutra banda, ABANCA patrocina aos principais clubs deportivos da provincia, como o CD Lugo, o CB Breogán e o CD Burela Fútbol Sala, ademais da outros moitos a través do Programa ABANCA Deporte Base, como o Club Triatlón Cidade de Lugo Fluvial ou o Club Voleibol Emevé. Ademais, apoia a celebración dos dous eventos sociais máis importantes de Lugo, Arde Lucus e San Froilán.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA comprométese a manter abertas as oficinas nos 134 municipios onde é a única entidade e amplía horario de caixa para os seus clientes maiores

09-02-2022
Corporativo Negocio

A entidade financeira consultou aos grupos de interese e decide estender ata as 14.00 horas a atención en caixa aos clientes maiores de 65 anos que o necesiten.

20201119-abanca-asg

ABANCA nomea conselleira a Rosa María Sánchez-Yebra e crea un Consello Asesor para a súa actividade en Euskadi

27-10-2021
Corporativo

ABANCA celebrou hoxe en Donostia-San Sebastián a reunión ordinaria do seu Consello de Administración.

20211027-abanca-2

Elementos da mediateca relacionados:

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Juan Carlos Escotet

2021.12.02. Declaracións do presidente de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, máis ...

Presentación de Espazo Serrano 45. Intervención de Francisco Botas

2021.12.02. Declaracións do conselleiro delegado de ABANCA durante o acto de inauguración da nova oficina do banco en Madrid, ...

Tecnoloxía con propósito e un liderado cercano, elementos indispensables para a reconstrución con propósito segundo Miguel Ángel López e Francisco Botas en #LíderesResponsables, moderado por Francisco Román

03.06.2021. Celebrouse a vixésimo sétima edición de #LíderesResponsables, diálogos entre a alta dirección sobre os retos ...

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Detalle interior

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

Oficina Plaza de Lugo, A Coruña

Zona de atención personalizada a clientes

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao.

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do director xeral de Lanzadera, Javier Jiménez.

ABANCA e Lanzadera presentan o seu programa Corporate

Declaracións do responsable de Lanzadera Corporate, Ismael Valero.

Presentación ABANCA Extremadura

20191120-pres-abanca-extremadura-medios

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA compravenda Banco Caixa Geral

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

Presentación ABANCA alianza seguros xerais

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)