• Contacto
  • abanca.com
ABANCA Comunicación
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • En castellano
Ver más noticias

Xornada ABANCA sobre rehabilitación enerxética de vivendas: divulgación, colaboración entre as partes e apoio financeiro, claves para o aproveitamento dos Fondos Next Generation

  • A xornada contou coa participación de representantes da administración autonómica, colexios e asociacións profesionais, empresas do sector e xestores de comunidades
22020324-abanca-next-generation

De esquerda a dereita na imaxe, María José Paniagua Mateos, xefa do Servizo de Calidade da Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Clara González Gil, vogal da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Mónica Gondar Álvarez, directora de Next Generation ABANCA, Martín Bermúdez de la Puente, presidente do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA), Miguel Ángel Bernárdez Piñeiro, vicepresidente da Federación de Asociacións de Empresas da Reforma e a Rehabilitación de Galicia (FEDERGAL) e Roberto Medín Guyatt, presidente do Consello Galego de Aparelladores e Arquitectos Técnicos.

Descarga en alta resolución

24-03-2022
Sostenibilidad

ABANCA celebrou hoxe en Santiago de Compostela unha xornada divulgativa sobre a rehabilitación residencial co obxectivo de dar a coñecer as axudas dispoñibles dentro do programa Next Generation. O evento contou coa participación de representantes dos distintos axentes implicados na actividade da rehabilitación residencial e o seu impulso a través das axudas públicas: administración autonómica, colexios e asociacións profesionais, empresas do sector e administradores de comunidades.

Tras a apertura por parte de Mónica Gondar Álvarez, directora de Next Generation ABANCA, interviñeron María José Paniagua Mateos, xefa do Servizo de Calidade da Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Clara González Gil, vogal da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Miguel Ángell Bernárdez Piñeiro, vicepresidente da Federación de Asociacións de Empresas da Reforma e a Rehabilitación de Galicia (FEDERGAL), Martín Bermúdez de la Puente, presidente do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA), e Roberto Medín Guyatt, presidente do Consello Galego de Aparelladores e Arquitectos Técnicos.

Papel das entidades financeiras

Na súa intervención, Mónica Gondar Álvarez, directora de Next Generation ABANCA, destacou o traballo desenvolvido por ABANCA desde hai anos, xunto a todos os axentes implicados, para achegar as solucións financeiras ao sector e ao conxunto da sociedade dunha maneira sinxela e áxil. “ABANCA é consciente do importante momento no que se atopa o sector, e do que as axudas poden supor para el e para a sociedade, razóns polas que queremos intensificar dita colaboración”, sinalou.

Como bases para que o programa de axudas teña éxito, a directora de Next Generation ABANCA citou o correcto funcionamento do triángulo formado polas administracións públicas, as empresas e as entidades financeiras, así como a proximidade destas aos seus clientes para axudarlles a identificar oportunidades, acceder á información e posteriormente ao financiamento. “A capacidade de chegada ao cliente de ABANCA e a nosa capilaridade son óptimas para iso, como xa demostramos cos préstamos ICO, onde o papel das entidades financeiras foi fundamental”, explicou.

Como exemplos diso citou a creación por parte do banco de produtos financeiros específicos en materia de rehabilitación residencial, tanto para reformas de eficiencia enerxética en fogares como dirixidos a comunidades de propietarios para melloras en edificios, todo iso co obxectivo de que o financiamento chegue de forma áxil a través de solucións adaptadas ás necesidades existentes.

Colaboración entre os diferentes axentes

María José Paniagua Mateos, xefa do Servizo de Calidade da Dirección Técnica de Solo, Edificación e Calidade do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), describiu as diferentes modalidades de axuda dispoñibles para a rehabilitación enerxética do parque edificatorio, especificando as características, posibles usos, prazos e condicións das convocatorias.

Clara González Gil, vogal da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), destacou o papel da cidadanía en xeral para comprender os obxectivos destas actuacións, que deben ser “gastar menos enerxía e contaminar menos”. Tamén fixo un chamamento a facer comprensible para os particulares a terminoloxía asociada a estas actuacións, así como a abordalas “con cabeza, orde e colaboración”.

Miguel Ángel Bernárdez Piñeiro, vicepresidente de FEDERGAL, repasou as prioridades do sector, como o incremento da formación, a incorporación de novo talento nun sector ademais maioritariamente masculino, a vixilancia fronte ao intrusismo e o fomento do asociacionismo. Ademais puxo sobre a mesa as capacidades dos seus asociados en materia de “asesoramento, difusión das axudas, capacidade de xestión e profesionalidade”.

Martín Bermúdez de la Puente, presidente do Colexio de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA), referiuse aos fondos Next Generation como “unha oportunidade única para que os edificios sexan energéticamente eficientes”. Na súa intervención destacou as favorables condicións de financiamento actuais, e sinalou a necesidade de incrementar a cultura de mantemento das vivendas e a conveniencia de cubrir as posibles axudas a través de seguros.

Roberto Medín Guyatt, presidente do Consello Galego de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, destacou o beneficio económico e o incremento da calidade de vida procedentes de mellorar a eficiencia enerxética dos inmobles, actualmente por baixo do seu nivel adecuado. Ademais sinalou a importancia de que se utilicen integramente as axudas existentes e mostrou a súa preocupación polas dificultades de subministración do sector da construción no momento actual.

Compartir en

Outras noticias relacionadas:

ABANCA pon en servizo os primeiros caixeiros para mellorar a cobertura e inclusión financeira do rural galego

15-03-2022
Corporativo Sostenibilidad

Chandrexa de Queixa, A Arnoia, Lousame, Toques e O Páramo contan xa con estas novas infraestruturas grazas á iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia coa colaboración de ABANCA para achegar os servizos financeiros aos municipios galegos que carecen deles.

20220315-abanca-cajero-chandrexa

A ministra de Educación preside a gala dos V Premios EDUCA ABANCA

26-02-2022
RSC Sostenibilidad

A plataforma educativa EDUCA e a Obra Social ABANCA, Afundación, recoñecen a importancia do papel que desempeñan os docentes na sociedade.

20220226-v-premios-educa-01

Elementos da mediateca relacionados:

II Xornada de Finanzas Sostibles organizada por ABANCA no Porto

24.09.2021. ABANCA organizou no Porto a II Xornada de Finanzas Sostibles que reuniu a representantes dos principais actores ...

Presentación proxecto Redes Vivas

08.06.2021. Presentación do proxecto 'Redes Vivas. Do fondo do mar ao centro do campo', que recupera redes abandonadas ...

Presentación do Plan de Sostibilidade de ABANCA 21-24

13.05.2021. ABANCA alcanzará a neutralidade en carbono da súa actividade e disporá dunha alternativa sostible para os seus ...

Presentación do proxecto Redes Vivas

A directora de Marketing de ABANCA, Susana Ortiz, explica o proceso de recuperación das redes para transformalas en material ...

Presentación do proxecto Redes Vivas

A directora de Marketing de ABANCA, Susana Ortiz, explica o proxecto Redes Vivas.

Presentación do proxecto Redes Vivas

A responsable de Sostibilidade de ABANCA, María García, explica as liñas de acción do Plan de Sostibilidade de ABANCA, no ...

Presentación proxecto Redes Vivas

08.06.2021. Presentación do proxecto 'Redes Vivas. Do fondo do mar ao centro do campo'.

Plan de Sostibilidade de ABANCA

13.05.2021. Presentación do Plan de Sostibilidade de ABANCA.

  • Contacto
  • abanca.com
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Información investidores
    • Banesco Internacional
    • Atención ao cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesíbeis
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Outra información
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • NX
    • Cuentas Claras: Blog ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.

@somosABANCA · abanca.com · 981 18 80 22 · 986 82 80 70 · comunicacion@abanca.com

Liquid error: wrong number of arguments (given 2, expected 1)