150 clientes de dez países asisten á segunda Xornada de Fiscalidade e Oportunidades de Investimento de ABANCA
- Juan Carlos Escotet Rodríguez sinalou a necesidade de “minimizar riscos sen deixar de aproveitar as oportunidades”
ABANCA celebrou hoxe a segunda edición da súa Xornada de Fiscalidade e Oportunidades de Investimento para Non Residentes, evento de apoio dirixido a clientes da entidade financeira residentes noutros países. O evento, celebrado no Centro Social ABANCA de Santiago de Compostela, reuniu a 150 clientes de orixe española, na súa maioría de Galicia pero tamén de Asturias, León e Madrid, procedentes de dez países de Europa e América.
A Xornada contou coa intervención de Juan Carlos Escotet Rodríguez, vicepresidente de ABANCA, quen á hora de realizar investimentos sinalou a necesidade de “minimizar riscos sen deixar de aproveitar as oportunidades existentes no actual contexto”.
Como bases da relación de ABANCA cos seus clientes non residentes, Escotet destacou o modelo diferencial co que a entidade presta servizo a este colectivo, a súa presenza internacional, que na actualidade esténdese a nove países de Europa e América, e a súa solvencia, unha das máis elevadas do sector.
A Xornada de Fiscalidade e Oportunidades de Investimento de ABANCA ten por obxectivo ofrecer aos clientes non residentes da entidade apoio en materia fiscal e de investimento para a adecuada planificación e xestión do seu patrimonio. Entre outros asuntos, o evento tratou o novo marco de transparencia na información financeira, a fiscalidade dos investimentos financeiros, os requisitos para a xustificación da non residencia, a fiscalidade das sucesións, as oportunidades para a realización de investimentos económicos e financeiras en España e o control dos investimentos.
Entidades colaboradoras
No deseño e organización da Xornada de Fiscalidade e Oportunidades de Investimento para Non Residentes, ABANCA contou coa colaboración do Consello Galego de Economistas, o Consello Xeral de Economistas, o Colexio de Economistas de Ourense e a Confederación Empresarial de Ourense.