• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

A actividade económica galega mantén a súa fortaleza no terceiro trimestre

  • ABANCA e Foro Económico presentan o Indicador ABANCA Foro de Conxuntura Económica
  • O indicador amosa un crecemento no terceiro trimestre do 3,4%, o máis alto da serie histórica desde 2008

De esquerda a dereita: Manuel Ferro, responsable de Planificación e Estudos de ABANCA; Santiago Lago Peñas, director do Foro Económico de Galicia; e Patricio Sánchez, subdirector do Foro Económico de Galicia.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O indicador serve de termómetro da actividade económica de Galicia a curto prazo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación do Indicador ABANCA Foro de Conxuntura Económica Presentación coas principais variables que recolle o Indicador ABANCA Foro de Conxuntura Económica. Ver ficheiro PDF
25-10-2016
Corporativo

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e Foro Económico de Galicia presentaron esta mañá en Santiago de Compostela o indicador ABANCA Foro de Conxuntura EconómicaSerás redirixido a outro sitio web cuxo obxectivo é proporcionar unha ferramenta de seguimento da evolución da conxuntura económica de Galicia. O indicador, que serve de termómetro da actividade económica de Galicia a curto prazo, amosa un crecemento do 3,4% interanual no terceiro trimestre, tras tres meses consecutivos co crecemento máis alto da serie histórica desde o ano 2008.

Das 15 variables analizadas para calcular o indicador, as que tiveron un mellor comportamento son as exportacións, cun crecemento dun +10,5%; o transporte marítimo de mercancías nos portos galegos, que se incrementou un +34%; as vivendas visadas, que creceron un ++69%; o aumento do índice de negocio do sector servizos, que rexistrou unha mellora do +5,9%, e a matriculación de vehículos, cun +17,2%.

Cun crecemento máis moderado figuran as afiliacións de traballadores á Seguridade Social, cun +2,2%, cifra que rexistra o número de persoas legalmente contratadas; as vendas do comercio polo miúdo, cun +2,4 %, e a produción de vehículos, cun +2,1%.

Por contra, as variables con peor comportamento no mesmo período agosto 2015-agosto 2016 son o índice de cifra de negocio de industria -7,3% e a caída dun 2,3% do Índice de Produción Industrial.

O responsable de Planificación e Estudos de ABANCA, Manuel Ferro, explicou a importancia que ten para a entidade o apoio a iniciativas que afondan no coñecemento da nosa realidade económica como instrumento clave na toma de decisións dos axentes económicos e empresariais. “Como entidade financeira de referencia enriquecemos esta análise porque achegamos a experiencia e a visión da actividade económica que nos dá ser o principal financiador de Galicia”. Durante o primeiro semestre ABANCA aumentou o crédito á clientela un 6,6%, constituíndo empresas e autónomos o principal destinatario do investimento crediticio, cun 76%.

Santiago Lago Peñas, director do Foro Económico de Galicia, destacou que “o crecemento da actividade económica en Galicia en xuño, xullo e agosto está indicando unha velocidade de crecemento que se achega xa á media española”.

O subdirector do Foro Económico de Galicia, Patricio Sánchez, considera que “este indicador foi froito dun intenso traballo de todos os compoñentes do Foro, ata poder sintetizar en 15 variables o comportamento de actividade económica de Galicia”.

ABANCA colaborará tamén co Foro Económico na celebración do seu Foro anual e coa elaboración das previsións de crecemento do PIB de Galicia que se iniciará este mesmo ano.

Para potenciar coñecemento e dinamizar a súa divulgación ABANCA creou hai poucos mesesIESIDESerás redirixido a outro sitio web un ambicioso proxecto de investigación e formación con proxección internacional no ámbito da empresa, que vai a supoñer unha axuda ao progreso de Galicia.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA transforma o edificio do seu principal centro de datos nun espazo máis funcional, eficiente e sostible

30-04-2026
Corporativo

ABANCA finalizou o proxecto de transformación integral do edificio no que se sitúa o seu principal centro de procesamento de datos (CPD) no polígono de POCOMACO (A Coruña), unha das principais infraestruturas tecnolóxicas da súa clase en Galicia.

De esquerda a dereita na imaxe, Pilar Ceide, da área de Proxectos de ABANCA, Juan de Dios Lechuga, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, e Juan Carlos Pan, da área de Proxectos de ABANCA.

ABANCA lanza a 12ª edición do seu Programa para Startups

08-04-2026
Corporativo

Nesta nova convocatoria, o programa de Venture Client de ABANCA Innova pon o foco en propostas tecnolóxicas que incorporen as últimas tendencias en intelixencia artificial, criptomoedas e procesos de tokenización, con potencial para transformar o sector financeiro.

Portátil en el que se muestra la web de la 12ª edición do Programa para Startups de ABANCA Innova
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .