• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

A banca móbil de ABANCA encabeza as valoracións dos usuarios de aplicacións de entidades financeiras

  • A versión para terminais Android obtén unha nota media de 4,4 sobre cinco, fronte ás catro estrelas que acada na plataforma de descarga dos smartphones Apple
  • As novas funcionalidades incorporadas nos últimos meses permiten acelerar o uso entre os clientes da entidade, que xa é superior á banca electrónica a través do ordenador
  • Un de cada catro clientes da entidade é usuario habitual da aplicación, un 35% máis que hai un ano
  • A app xa permite acender ou apagar unha tarxeta, aprazar compras ata en 36 meses ou realizar un pago en calquera momento e lugar

Un usuario empregando a banca móbil de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

06-03-2017
Negocio

Os usuarios das aplicacións para smartphones das entidades financeiras españolas colocan a banca móbil de ABANCASerás redirixido a outro sitio web como o servizo líder do sector. Trátase da opinión imparcial de miles de clientes que descargaron a app e deixaron a súa valoración nas tendas de aplicacións oficiais dos terminais Android e iOS.

Na páxina oficial de descargas dos terminais Android, Google Play, rexístranse máis de 21.000 valoracións á banca móbil de ABANCASerás redirixido a outro sitio web. Un volume de cualificacións que dan como resultado unha media de 4,4 nunha escala de cinco puntos posibles. Ademais, case o 90% dos usuarios que cualificaron a app outórganlle polo menos catro estrelas e preto do 60% non dubidan en avaliar coa máxima puntuación.

Na tenda de aplicacións App Store, de uso exclusivo para dispositivos Apple, repítese o mesmo patrón. Neste caso, máis de 1.100 usuarios puntuaron a banca móbil cunha media de catro estrelas nunha escala de cinco.

Estes datos revelan que ningunha entidade financeira que opera en España supera a ABANCA en puntuación media que manifestan os usuarios dos dous sistemas operativos maioritarios no país. A banca móbil de ABANCA, que se desenvolveu de maneira íntegra en Galicia, é unha aplicación gratuíta e que permite aos clientes da entidade realizar múltiples operacións en calquera lugar e a calquera hora.

Boa acollida das novas funcionalidades

Son precisamente os desenvolvementos implementados nos últimos meses os que están a recibir unha mellor acollida por parte dos usuarios da aplicación. Unhas actualizacións da banca móbil lanzadas na segunda metade do pasado ano que impulsaron un incremento superior ao 35% do uso desta canle por parte dos clientes de ABANCA, para chegar por primeira vez aos 600.000 usuarios únicos en banca electrónica. O pasado mes de febreiro rexistráronse máis de 7,5 millóns de conexións e realizáronse máis de 40 millóns de consultas ou operacións.

Na actualidade, un de cada catro clientes xa é usuario habitual da aplicación e gran parte deles consultan ou realizan operacións a diario. O foco está posto en que a final de ano máis da metade dos clientes particulares activos de ABANCA utilicen a banca electrónica ou móbil.

Entre as principais novidades que achegou a banca móbil en 2016 destacan a creación e xestión de tarxetas virtuais, o aceso e apagado de tarxetas, o cambio de PIN, o acceso con pegada en terminais Android ou o adiamento de compras con tarxeta co novo servizo ApplázameSerás redirixido a outro sitio web, entre outros.

As renovacións periódicas desta aplicación permiten aproveitar todo o potencial das actualizacións dos sistemas operativos. A banca móbil de ABANCA para terminais Apple foi a primeira do sector financeiro español en integrar as funcionalidades das novas versións de iOS, tanto para smartphones iPhone como para Apple Watch.

Esta aplicación da entidade financeira tamén logrou en 2015 o selo de accesibilidade universal que outorga ILUNION. Esta certificación garante que cumpre cos estándares de accesibilidade e que pode ser utilizada por persoas con calquera tipo de discapacidade, incluíndo a visual parcial e a cegueira.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .