• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

A dirección de ABANCA visita a comarca do Deza

  • O equipo directivo da entidade, encabezado polo seu presidente e o seu conselleiro delegado, desenvolve unha ampla axenda de actividades en Silleda e Lalín
  • Ademais de encontros de traballo, a xornada inclúe visitas a oficinas de ABANCA, á explotación gandeira SAT O Chope e ás instalacións da Fundación Semana Verde

A axenda do día incluíu unha visita á SAT O Chope, situada en Silleda

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

No centro da imaxe, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

A xornada contou coa participación do Comité de Dirección de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita na imaxe, o alcalde de Lalín, José Crespo, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, e a directora territorial en Pontevedra, Carmen Fernández.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

10-02-2020
Corporativo

ABANCA celebrou hoxe en Lalín e Silleda unha ampla xornada institucional que incluíu reunións de traballo, encontros co equipo do banco na comarca do Deza, e visitas a puntos clave do seu tecido económico. Nas actividades participaron o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, os integrantes do comité de dirección do banco, e o conselleiro Pedro López.

Esta visita ten lugar en aplicación da política de proximidade aos seus clientes, compromiso coa súa contorna e coñecemento do mercado sobre o terreo segundo a cal ABANCA despraza periodicamente a súa actividade institucional a distintas localidades de Galicia e España.

Actividades en Silleda e Lalín

A xornada deu comezo cunha visita á Sociedade Agraria de Transformación O Chope, explotación gandeira situada en Silleda que constitúe unha referencia no sector pola súa resposta a retos como a modernización e robotización das instalacións, a substitución xeracional ou a xestión de residuos.

A continuación o equipo directivo de ABANCA visitou a oficina da entidade en Silleda e desprazouse á sede da Fundación Semana Verde de Galicia, onde celebrou a reunión do seu Comité de Dirección.

Tras a súa finalización, o equipo directivo da entidade trasladouse a Lalín, onde mantivo un encontro co seu alcalde, José Crespo.

A axenda do día inclúe tamén unha visita do Comité de Dirección de ABANCA á oficina de entidade en Lalín para celebrar unha reunión de traballo na que se repasarán, entre outros temas, os puntos máis importantes da actividade do banco na zona. Participarán nela a directora territorial de ABANCA en Pontevedra, Carmen Fernández Penas, o director de ABANCA Agro, Jesús Combarro, e directores e persoal do banco na comarca do Deza.

Compromiso coa comarca do Deza

ABANCA é a primeira entidade financeira na comarca do Deza por cota de mercado e implantación. A rede comercial do banco na comarca está formada por 22 oficinas situadas nos principais centros de poboación. Traballan nelas un total de 88 persoas que prestan servizo a case 70.000 clientes. Ao peche de 2019, ABANCA xestionaba na comarca un volume de negocio de 1.500 millóns de euros, o que supón un incremento do 5,4% sobre o ano previo.

As principais prioridades coas que o banco opera na comarca son a concesión de crédito e o apoio ao sector primario a través da súa unidade especializada ABANCA Agro. ABANCA aumentou en 2019 o seu volume financiado na comarca nun 15%. As microempresas, autónomos e comercios, segmento fundamental do seu tecido económico, recibiron un total de 24 millóns de euros en novas operacións de financiamento. No segmento agro, outro dos piares da economía da zona, ABANCA é líder en operacións clave para o sector, como a domiciliación de axudas PAC, que lidera cunha cota de mercado do 55,85%.

O compromiso de ABANCA coa comarca do Deza ten como outro dos seus capítulos fundamentais o apoio á actividade da Feira Internacional de Galicia ABANCA e da Fundación Semana Verde de Galicia, de cuxo padroado ABANCA é membro. Desde 2019 o recinto feiral serve de localización ao Museo do Campo e a Mecanización, xestionado a través da Fundación do Campo Galego, da que ABANCA é patrón fundador.

Ademais, o banco apoia, como un dos seus patrocinadores principais, a celebración da Festa do Cocido de Lalín, evento de gran importancia para a comarca polo seu impacto económico.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA lanza unha emisión de débeda perpetua AT1 por 500 millóns de euros

08-09-2025
Corporativo Financiero

A operación executada hoxe refinanciará a emisión similar (AT1) de 375 millóns emitida en xaneiro de 2021, que incorporaba a posibilidade de amortización anticipada en xaneiro de 2026.

B100, novo patrocinador principal da Cursa dels Nassos de Barcelona

29-07-2025
Corporativo

B100. The Healthy Banking dará nome á Cursa dels Nassos que se disputará o 31 de decembro.

Cursa dels Nassos
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .