• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

A Obra Social ABANCA, a máis galardoada nos 'Premios a la Obra Social y a la Educación Financiera' 2018

  • O banco e Afundación suman catro recoñecementos nas categorías de Deporte e Lecer, Educación Financeira, Educación e Investigación e Medio Ambiente.
  • ABANCA Deporte Base, os programas Seguramente ABANCA e ABANCA Young Business Talents, a campaña ‘Unha nova árbore’ e a iniciativa ‘FP sobre rodas’ son as catro accións premiadas.

Foto de familia de todos os galardoados nesta edición dos premios.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

13-12-2018
RSC

Os Premios a la Obra Social y a la Educación Financiera que entrega cada ano a revista Actualidad Económica en colaboración coa Confederación Española de Cajas de Ahorro (CECA) recoñeceron na súa última edición catro iniciativas desenvolvidas por ABANCA e a súa Obra Social, AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web, no ámbito do deporte, a educación financeira, a educación e investigación e o medio ambiente. Estes galardóns converten á Obra Social de ABANCA na máis premiada entre as entidades e fundacións españolas.

Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, foi o encargado de recoller os galardóns en representación de ambas as dúas organizacións no acto oficial celebrado en Madrid. O máximo responsable da Obra Social ABANCA destacou “a importancia que teñen para a entidade estes recoñecementos, que sitúan a acción social que desenvolve o banco a través de Afundación ao máximo nivel dentro do valioso labor que realizan en toda España as fundacións das entidades financeiras con orixe en caixas de aforros”.

O programa ABANCA Deporte Base, que ten como obxectivo a promoción da práctica deportiva e os valores relacionados co exercicio físico entre toda a cidadanía, recibiu o primeiro premio na categoría de Deporte e Lecer. Esta acción, que desenvolve o banco en colaboración coa Fundación Deporte Galego desde 2015, beneficiou o ano pasado a 1.265 equipos galegos e a 16.312 deportistas de diferentes disciplinas, dos cales 12.169 son nenos e nenas pertencentes ás canteiras dos clubs.

No ámbito da educación financeira, o xurado seleccionou como mellor iniciativa para a xuventude os dous proxectos que o banco e Afundación puxeron en marcha este ano en colaboración coa Fundación CECA: Seguramente ABANCA e ABANCA Young Business Talents, ambos os orientados a mellorar a cultura financeira da sociedade desde idades temperás. A finalidade do primeiro é dar a coñecer aos escolares que é e para que serve un seguro e o segundo busca espertar o interese pola xestión empresarial e o emprendemento entre os novos estudantes preuniversitarios.

Na categoría Educación e Investigación, a acción mellor valorada foi o programa ‘FP sobre rodas’, posto en marcha por Afundación o ano pasado en resposta a unha solicitude da Asociación Alento, que traballa con persoas con dano cerebral. Grazas a esta iniciativa, todos os departamentos do Colegio Hogar Afundación de Vigo sumaron esforzos e coñecementos para reparar seis cadeiras de rodas eléctricas que se atopaban moi deterioradas e agora poderán seguir dando servizo aos usuarios da asociación.

O banco recibiu tamén o segundo premio na categoría Medio Ambiente pola campaña solidaria ‘Unha nova árbore’ que permitiu reforestar con máis de 7.000 novas árbores algúns dos montes galegos máis afectados pola onda de incendios de outubro de 2017.

É o terceiro ano consecutivo que os Premios a la Obra Social y a la Educación Financiera recoñecen os programas de ABANCA e Afundación. En 2016 o banco recolleu o galardón polo uso das artes escénicas para achegar conceptos financeiros aos máis pequenos dunha maneira amena e adaptada á súa idade e Afundación viu recoñecido o seu proxecto cultural ‘Culturas da diversidade’. En 2017 premiouse o traballo que realizan ambas as dúas institucións para mellorar a cultura financeira do colectivo de persoas maiores a través do programa de talleres de banca móbil que se desenvolve nos Espazos +60 de Afundación.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .