• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Fundación Bancaja inauguran a exposición ‘Compromiso coa arte. De Miró a Barceló’ en Valencia

  • A mostra ofrece un percorrido pola arte do século XX e XXI desde as vangardas históricas ata a actualidade
  • A proposta inclúe 86 obras das coleccións de ABANCA e Fundación Bancaja coa presenza de 59 artistas nacionais e internacionais
Persoas que participaron na inauguración da exposición 'Compromiso pola arte. De Miró a Barceló' na Fundación Bancaja

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-04-2026
RSC

A Fundación Bancaja e ABANCA acaban de inaugurar en Valencia a exposición ‘Compromiso coa arte. De Miró a Barceló’, que reúne unha selección dos fondos de arte contemporánea de ambas as dúas institucións, ofrecendo unha mirada retrospectiva á evolución da arte durante os séculos XX e XXI.

No acto de inauguración, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, afirmou que "nas nosas entidades se constata unha visión semellante sobre a responsabilidade que o sector privado mantén cara á sociedade: coincidimos nunha decidida vocación social, somos referentes culturais nos nosos territorios, e compartimos a inquietude polo alcance duradeiro e beneficioso das iniciativas que desenvolvemos".

Rafael Alcón, pola súa banda, destacou que “Valencia está de parabéns ao poder gozar desde hoxe na nosa cidade dunha representación tan exquisita da colección de arte contemporánea de ABANCA, dialogando cos fondos da Fundación Bancaja e cunha proposta que viaxa pola mellor arte do último século”.

Ao evento tamén asistiron o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o director xeral de Responsabilidade Social e Comunicación e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet.

A mostra, comisariada por Fernando Castro Flórez, expón un diálogo entre as coleccións de ABANCA e da Fundación Bancaja nun percorrido que abarca desde as vangardas históricas á pluralidade de formas da pintura contemporánea con obras datadas entre 1913 e 2023.

A exposición enmárcase na colaboración entre as dúas institucións, que levou a mostrar este proxecto na sede de Afundación na Coruña en outubro de 2025 e que se presenta agora na sede da Fundación Bancaja cun renovado conxunto de obras seleccionadas.

O percorrido expositivo está integrado por 86 obras, 48 procedentes da Colección ABANCA e 38 dos fondos da Fundación Bancaja. Nesta lectura de máis dun século de arte están representados 59 artistas, que protagonizaron os diferentes movementos pictóricos do período na arte nacional e internacional.

Pola mañá, na presentación aos medios de comunicación, o director xeral de Responsabilidade Social e Comunicación do banco e presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, subliñou que “a mostra que presentamos hoxe é moito máis que unha suma de cadros e esculturas; é o reflexo dun compromiso compartido e da visión común que teñen ABANCA e a Fundación Bancaja sobre o papel que a cultura debe desempeñar na nosa sociedade”.

Das vangardas históricas á contemporaneidade

As obras das vangardas presentes van desde unha revisión das dinámicas creativas vangardistas con obras de Picasso, Miró, Kandinsky, Georges Braque, Juan Gris, Paul Klee, Joaquín Torres García, Marc Chagall, Giorgio De Chirico, André Lhote ou Jean Metzinger, ata distintos modos de entender a pintura contemporánea, como nas obras de Manolo Valdés ou Soledad Sevilla.

Na mostra, preséntanse as modulacións da pintura desde creadores fundamentais do informalismo como Antonio Saura, Rafael Canogar, Manolo Millares ou Antoni Tàpies, ata artistas que parten do rigor xeométrico como Eusebio Sempere ou José María Yturralde.

Os cadros abstractos de Sean Scully, José Manuel Broto, Antón Lamazares, José María Sicilia, Miguel Ángel Campano ou Günther Förg, e as formulacións pop e figurativas como as de Equipo Crónica, Luis Gordillo, Darío Villalba, Anzo, Juan Barjola, Juan Navarro Baldeweg ou Miquel Barceló, dan conta da vitalidade da práctica pictórica sen derivas nun desenvolvemento lineal e historicista.

Tamén se inclúe un conxunto de pezas vinculadas á evocación da natureza e o contexto urbano, con obras como as de Miquel Navarro, Cristina Iglesias, Urbano Lugrís ou Julian Opie.

A exposición pode visitarse na sede da Fundación Bancaja en Valencia (Praza Tetuán, 23) do 25 de abril ao 6 de setembro de 2026.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan en Santiago a exposición interactiva ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’

08-04-2026
RSC

Poderá visitarse no Centro ABANCA Obra Social ata o 15 de setembro e contará cun amplo programa de visitas guiadas para público xeneral e outro específico para escolares.

Inauguración exposición ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’

ABANCA, Afundación e a UIE apagarán os seus edificios mañá pola Hora do Planeta

27-03-2026
RSC

Vinte centros corporativos do banco, a súa Obra Social e a Universidad Intercontinental de la Empresa desconectarán a súa iluminación entre as 20.30 e as 21.30 horas.

Imaxe ilustrativa da participación de ABANCA na Hora do Planeta
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .