ABANCA e Afundación inician a súa campaña solidaria do Nadal ‘Debuxar sorrisos’ a favor de Acción contra el Hambre
- Os fondos recadados destinaranse aos proxectos que a organización humanitaria desenvolve en España para mellorar a situación de miles de familias vulnerables
- Calquera persoa poderá realizar a súa achega a esta iniciativa a través da web dibujarsonrisas.abanca.comSerás redirixido a outro sitio web, Bizum, transferencia ou nas oficinas do banco ata o 30 de decembro
- ‘Debuxar sorrisos’ inclúe tamén a entrega de xoguetes a fogares desfavorecidos en 15 cidades españolas
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA e Afundación puxeron en marcha unha nova edición da súa tradicional campaña solidaria do Nadal ‘Debuxar sorrisos’. Neste marco desenvolveranse dúas accións: por unha banda, unha recadación de fondos que terá como entidade beneficiaria a Acción contra el HambreSerás redirixido a outro sitio web e, por outro, a entrega de xoguetes a familias desfavorecidas en 15 cidades españolas en colaboración con Cruz Roja e Cáritas.
As doazóns recibidas destinaranse a apoiar os proxectos que Acción contra el Hambre desenvolve en España co fin de mellorar a situación que sofren miles de fogares en situación de vulnerabilidade.
A campaña está aberta para calquera persoa interesada en colaborar con esta causa. Os donativos poderán realizarse ata o próximo 30 de decembro a través da web dibujarsonrisas.abanca.comSerás redirixido a outro sitio web, onde é posible achegar de forma instantánea cunha tarxeta de crédito ou débito. Así mesmo, habilitouse a posibilidade de doar mediante Bizum ao código 15277, transferencia bancaria ao número de conta ES38 2080 5604 6930 4007 0323 ou de xeito presencial en calquera das oficinas de ABANCA.
Armando Fandos, responsable da unidade de Banca Privada Entidades Non Lucrativas e Impacto de ABANCA, explica que “desde ABANCA e Afundación poñemos en marcha cada Nadal ‘Debuxar sorrisos’ coa convicción de que sumar pequenos xestos permite transformar realidades. Este ano ilusiónanos especialmente colaborar cunha organización do rigor e a traxectoria de Acción contra el Hambre, que é a mellor garantía de que a solidariedade da nosa clientela, o noso equipo e toda a sociedade traducirase nun impacto real e duradeiro”.
En palabras de Francisco Javier Fernández Nava, responsable de Alianzas, Campañas, Eventos e Patrocinios de Acción contra el Hambre: "Esta acción enmárcase na alianza que estamos a construír con ABANCA e que se aterra en accións concretas e programas eficaces para os milleiros de familias en situación de vulnerabilidade coas que traballamos".
Compromiso social
Con esta nova edición de ‘Debuxar sorrisos’, ABANCA e a súa Obra Social, Afundación, renovan o seu compromiso coas persoas en situación de vulnerabilidade e dan continuidade a unha iniciativa solidaria consolidada desde hai anos. En edicións anteriores, a campaña permitiu canalizar axudas urxentes cara a colectivos afectados por emerxencias humanitarias e sociais, como as familias damnificadas pola DANA en Valencia en 2024 ou a poboación afectada polo conflito en Ucraína en 2022.
Alén da recadación de fondos a favor de Acción contra el Hambre, o banco e Afundación realizarán tamén no mes de decembro as súas tradicionais entregas de xoguetes para que este Nadal todos os nenos e nenas poidan vivir a ilusión de ter unha sorpresa o Día de Reis. Este ano os agasallos distribuiranse en 15 cidades españolas.
Acerca de Acción contra el Hambre Acción contra el Hambre é unha organización humanitaria internacional que loita contra as causas e os efectos da fame. Axudan a máis de 20 millóns de persoas en 55 países. Salvan a vida de nenos e nenas en situación de desnutrición. Garanten ás familias acceso a auga segura, alimentos, coidados básicos de saúde e formación. Apoian as persoas desprazadas e refuxiadas nas súas necesidades máis básicas. En España facilitan o acceso ao emprego a persoas en situación de vulnerabilidade como ferramenta para fuxir da exclusión e a inseguridade alimentaria. Máis información: www.accioncontraelhambre.orgSerás redirixido a outro sitio web
Acerca de ABANCA ABANCA é un banco con vocación ibérica centrado nas necesidades financeiras das empresas e as familias. Conta con máis de 900 puntos de venda en 11 países de Europa e América e un equipo de máis de 8.000 persoas. Xestiona un volume de negocio de máis de 138.000 millóns de euros. A súa proposta diferencial combina a atención privada coa operatoria a través de canles dixitais e a distancia. ABANCA basea a súa actividade no coñecemento das necesidades do cliente e nun catálogo de produtos e servizos sinxelos, innovadores e transparentes. A especialización, a internacionalización e a sostibilidade son outros sinais de identidade dunha entidade financeira situada entre as máis solventes do sector en España. ABANCA conta con rating na categoría A, o bloque de cualificacións máis elevado das axencias. Máis información: www.abanca.comSerás redirixido a outro sitio web