• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA e Afundación apoian a promoción e difusión do Xacobeo 2027

  • A colaboración inclúe unha achega económica de tres millóns de euros destinada a financiar as iniciativas oficiais da Xunta de Galicia e a organización dunha programación cultural e educativa propia
  • A entidade financeira e a súa Obra Social preparan un programa de actividades para estender o espírito e os valores do Camiño de Santiago por Galicia e proxectalos a outros territorios españois
De esquerda a dereita Miguel Ángel Escotet, director xeral de RS e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación; o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez; e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.

De esquerda a dereita Miguel Ángel Escotet, director xeral de RS e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación; o comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez; e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

 O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a sinatura do acordo.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, durante a sinatura do acordo.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

15-10-2026
RSC

ABANCA e Afundación patrocinan, con tres millóns de euros, o Ano Santo Xacobeo 2027. A achega xorde dun acordo subscrito con Turismo de Galicia que establece o compromiso do banco e a súa Obra Social coa promoción e difusión deste evento. O apoio de ABANCA e Afundación prolongarase ata que finalice a celebración do Ano Santo, en decembro de 2027.

A colaboración inclúe unha achega destinada a colaborar no financiamento das diferentes iniciativas impulsadas pola Xunta de Galicia con motivo do Xacobeo 2027 e a organización dunha axenda propia de actividades culturais, educativas e de sostibilidade que complementarán a programación oficial e contribuirán a reforzar a proxección do Ano Santo, tanto en Galicia como noutras rexións vinculadas ao Xacobeo.

Programación propia

Afundación encargarase da produción e despregamento dunha variada oferta cultural nas súas sedes principais en Galicia e noutros espazos de ABANCA, como o Centro Obra Social ABANCA en Santiago de Compostela. A programación expositiva porá en valor os fondos das coleccións de arte de ABANCA e a súa Obra Social, reunindo pezas de referentes da arte como Urbano Lugrís, Iván Tovar ou Eduardo Arroyo. Así mesmo, desenvolveranse exhibicións de amplo calado como "A metamorfose de Kafka" ilustrada por Stéphane Levallois ou a mostra "Antonio Mingote. A intelixencia do trazo".

Co obxectivo de proxectar internacionalmente a imaxe de Galicia e difundir a dimensión histórica do Camino fóra do territorio galego, parte destas producións culturais trasladaranse a institucións doutras rexións, entre elas o Museo Lázaro Galdiano, Matadero, Casa América ou o Museo Nacional de Ciencias Naturales.

Entre as iniciativas divulgativas destaca ademais ‘Compostella Expeditio’, unha proposta inmersiva desenvolvida con tecnoloxía virtual para recrear a Compostela medieval e as orixes da tradición xacobea. O acordo inclúe tamén programas educativos como ‘Seguramente. O Camiño cara ás túas metas’, que permitirá a escolares de diferentes etapas aprender a tomar decisións financeiras responsables mediante unha simulación pedagóxica baseada nos diferentes itinerarios do Camiño.

ABANCA e Afundación contribuirán a promover un Xacobeo sostible. Para iso, impulsarán o programa de voluntariado ‘O Camiño que facemos xuntos’, con accións dirixidas á conservación e limpeza da contorna natural, como ‘Un camiño sen pegada’, ou a iniciativa de compromiso ambiental ‘Apadriña unha etapa’.

Compromiso con Galicia

O apoio de ABANCA e Afundación á celebración do Ano Santo Xacobeo 2027 é unha mostra do compromiso do banco e a súa Obra Social con Galicia, e da súa vontade de formar parte activa de todas aquelas iniciativas que contribúan a promover o desenvolvemento da Comunidade Autónoma, tanto no ámbito financeiro como no social e cultural.

O Xacobeo é o acontecemento con maior transcendencia de cantos se celebran en Galicia e ofrece unha excelente oportunidade para xerar riqueza, atraer recursos e proxectar no ámbito internacional a imaxe da Comunidade.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Contemporánea presentan en Santiago a segunda edición da exposición ‘Territorio Contemporánea’

15-10-2026
RSC

A exposición estará aberta ao público no Centro Obra Social ABANCA ata o 27 de marzo.

Participantes na presentación da exposición ‘Territorio Contemporánea 2026’

ABANCA inaugura en Burgos a exposición ‘Huellas del tiempo' con obras mestras de Picasso, Miró, Tàpies ou Chillida

13-10-2026
RSC

A entidade financeira presenta por primeira vez na cidade os fondos da súa colección de arte da man do Cabildo Metropolitano e do Concello de Burgos.

Persoas asistentes á inauguración da exposición 'Huellas del tiempo. Colección ABANCA' en Burgos
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .