• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

A Picota, distinguida como ‘Mellor oficina rural de ABANCA’ do ano 2022

  • O galardón, entregado polo presidente e o concelleiro delegado do banco, Juan Carlos Escotet Rodríguez e Francisco Botas, recoñece a capacidade de atención e servizo ao cliente, con especial peso do sector agrogandeiro, e os logros comerciais da oficina
  • En Galicia ABANCA conta con 200 oficinas no rural e localiza o 33,8% da súa rede en concellos de menos de 5.000 habitantes

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez e o conselleiro delegado, Francisco Botas, cos integrantes da oficina da Picota.

Descarga en alta resolución Abrirase nunha nova ventá.

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez e o conselleiro delegado, Francisco Botas, na visita á explotación gandeira SAT Busto-Corzón.

Descarga en alta resolución Abrirase nunha nova ventá.

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez e o conselleiro delegado, Francisco Botas, na visita á explotación gandeira SAT Busto-Corzón.

Descarga en alta resolución Abrirase nunha nova ventá.

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez e o conselleiro delegado, Francisco Botas, na visita á explotación gandeira SAT Busto-Corzón.

Descarga en alta resolución Abrirase nunha nova ventá.

13-04-2023
Corporativo Negocio

O presidente de ABANCA Juan Carlos Escotet Rodríguez e o conselleiro delegado Francisco Botas, entregaron esta mañá á oficina da Picota, situada no concello coruñés de Mazaricos, a distinción como mellor oficina rural do banco do pasado ano 2022. O premio recoñece a excelencia da oficina na atención e servizo ao cliente, así como o cumprimento dos seus obxectivos de negocio. A Picota, integrada na dirección territorial de Santiago, sucede á oficina de Baralla, da dirección territorial Lugo, que recibiu a mesma distinción o pasado ano.

A oficina da Picota, formada por catro profesionais, exemplifica o concepto diferencial de centro de atención e servizo de ABANCA no medio rural. ABANCA é a única entidade con oficina operativa na localidade sen limitación de servizos. Ademais dos elementos habituais na identidade do banco, como a proximidade ou o coñecemento do cliente, as súas características principais son a súa estreita conexión coa súa contorna social e a súa especialización nas particularidades do sector agrogandeiro, reforzada co apoio da unidade ABANCA AgroSerás redirixido a outro sitio web. A oficina da Picota é oficina tramitadora de axudas PAC e unha das oficinas máis destacadas no financiamento de plans de mellora e novas incorporacións.

Outros exemplos da súa estreita conexión coa contorna social e económica do concello, son o patrocinio e participación en xornadas técnicas da Semana Gandeira de Mazaricos, que organiza o Concello desde 2016, así como o convenio de colaboración coa Asociación Gandeira de Mazaricos, que contempla todo tipo soluciones financeiras para os profesionais do sector agrogandeiro en condicións preferentes.

Todos estes atributos, sumados á dedicación e compromiso mostrados polos catro integrantes da oficina, resultaron claves para o bo desempeño logrado pola oficina no pasado exercicio. Con case 3.500 clientes para os menos de 4.000 habitantes do concello, a oficina da Picota logrou en 2022 un crecemento no volume de negocio do sector agrogandeiro do 16,56%.

O presidente e o conselleiro delegado de ABANCA aproveitaron a visita á Picota para manter un encontro cos profesionais da oficina e para visitar a explotación gandeira SAT Busto-Corzón, unha das explotacións de vacún de leite con maior produción de Galicia.

ABANCA, a entidade con maior presenza no rural galego

ABANCA é a entidade financeira con maior presenza sobre o terreo nas catro provincias galegas. A entidade dispón en Galicia dunha rede comercial formada por 435 oficinas, o 42,8% do total da comunidade. Esta elevada capilaridade contribúe decisivamente á case total cobertura da poboación galega (97,7%) e a que Galicia sexa a comunidade autónoma da Península na que a distancia dos usuarios á súa oficina bancaria de referencia é máis reducida.

A oficina de ABANCA na Picota é unha das 200 que o banco ten en contornas rurais en Galicia. ABANCA sitúa o 33,8% da súa rede de oficinas na comunidade en concellos de menos de 5.000 habitantes, porcentaxe catro veces superior ao da seguinte entidade. ABANCA é a única entidade na que a súa implantación no rural gañou peso nos últimos anos.

ABANCA é a única entidade que presta servizos financeiros a través de oficina (física ou móbil) en 143 concellos galegos (36 na Coruña, 22 en Lugo, 58 en Ourense e 27 Pontevedra), cubrindo as necesidades dun total de 375.000 persoas. ABANCA conta ademais con dúas unidades móbiles que prestan servizo nas provincias de Ourense, A Coruña e Pontevedra. Só outras dúas entidades financeiras en España ofrecen este servizo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA lanza unha emisión de débeda perpetua AT1 por 500 millóns de euros

08-09-2025
Corporativo Financiero

A operación executada hoxe refinanciará a emisión similar (AT1) de 375 millóns emitida en xaneiro de 2021, que incorporaba a posibilidade de amortización anticipada en xaneiro de 2026.

B100, novo patrocinador principal da Cursa dels Nassos de Barcelona

29-07-2025
Corporativo

B100. The Healthy Banking dará nome á Cursa dels Nassos que se disputará o 31 de decembro.

Cursa dels Nassos
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .