A Romaría Internacional de ABANCA celebra o seu décimo aniversario en San Clodio con 350 convidados
- O encontro contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez; e o conselleiro delegado, Francisco Bota
De esquerda a dereita na imaxe, o conselleiro de ABANCA, Pedro López; o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez; o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; Ana Pastor; e o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA celebrou hoxe a décima edición da súa Romaría Internacional no Mosteiro de San Clodio en Leiro (Ourense). Unha cita xa tradicional que cada verán organiza a entidade financeira nun espazo monumental de Galicia e que nesta ocasión reuniu a preto de 350 convidados procedentes de 12 países de Europa e América. O evento contribúe a reforzar os vínculos cos seus clientes non residentes, que adoitan aproveitar esta época do ano para desprazarse desde os seus lugares de residencia a Galicia.
Esta edición da Romaría Internacional ABANCA estivo encabezada polo presidente da entidade financeira, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, ademais do conselleiro Pedro López, o director xeral de Negocio Internacional, Alfonso Caruana, e o director xeral Comercial, Gabriel González Eiroa. Ao acto tamén acudiron representantes políticos, entre eles o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; e o el secretario xeral de Emigración de la Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez.
O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, salientou no seu discurso a relevancia da Romaría Internacional de ABANCA, que tras dez edicións se consolidou como un evento social e económico imprescindible no calendario estival de Galicia, capaz de reunir a centos de persoas procedentes de diferentes países.
O presidente da entidade financeira tamén puxo en valor a importancia de contar con empresas capaces de adaptarse ás esixencias do mercado, pero tamén próximas coa realidade do seu territorio. “Moitos de nós temos en común historias de emigración, creación de empresas e xestión en ambientes particularmente hostís. Ningún de nós é alleo á experiencia e aos beneficios da perseveranza. Esta resposta fala de como de arraigados estamos nas prácticas de solidariedade e responsabilidade, que promovemos con tanta insistencia en ABANCA. Alégrome de pensar que nos define a empatía polos demais e a nosa preocupación polo mundo que nos rodea”, expresou.
O presidente de ABANCA tamén aproveitou a ocasión para facer balance de “12 meses complexos marcados por logros significativos e desafíos que nos puxeron a proba”. Juan Carlos Escotet Rodríguez tamén quixo mencionar a relevancia e o avance da intelixencia artificial, que en ABANCA xa está a transformar “todos os nosos procesos” e que nos deixa “unha certeza: as organizacións precisan un plan estratéxico claro, con horizontes definidos”.
O presidente de ABANCA dedicou durante o seu discurso unhas palabras de ánimo e solidariedade ao pobo de Venezuela, e de apoio ás familias das vítimas e feridos polos terremotos do pasado mes de xuño.