A VII edición da Romaría Internacional de ABANCA reúne 500 invitados en Ourense
- O encontro contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
ABANCA celebrou hoxe en Ourense a sétima edición da súa Romaría Internacional, un evento organizado co obxectivo de reforzar os vínculos cos seus clientes non residentes de distintos países de Europa e América.
A representación institucional de ABANCA estivo encabezada polo presidente do banco, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, o conselleiro Pedro López, o director xeral de Negocio Internacional, Alfonso Caruana, e o director xeneral Comercial, Gabriel González.
O encontro deste ano contou coa presenza de ao redor de 500 invitados procedentes de México, Venezuela, Brasil, Panamá, Estados Unidos, Suíza, Reino Unido, Francia e Alemaña. O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, estiveron tamén no evento.
Na súa intervención de benvida, Juan Carlos Escotet Rodríguez explicou que “ABANCA quere ser unha panca da creación de emprego e daquelas iniciativas que vaian a favor das empresas, do tamaño que sexan, en todos os sectores produtivos”. Engadiu que en ABANCA “non nos separamos da misión que nos impuxemos, desde que aparecemos no mercado, en 2014: a de ser unha banca aliada e próxima, un prestador de servizos financeiros accesible para as persoas, as familias, os autónomos e as empresas que así o precisen”.