• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

A Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA aproba a xestión e as contas de 2022

  • O Consello de Administración da entidade financeira conta cun 75% de conselleiros independentes

O Consello de Administración de ABANCA, na Xunta Xeral de Accionistas celebrada hoxe.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

26-06-2023
Corporativo

A Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA, presidida por Juan Carlos Escotet Rodríguez, aprobou esta mañá, na súa reunión anual ordinaria, as contas anuais de 2022 e a xestión da entidade no ámbito da responsabilidade corporativa durante o pasado exercicio. No encontro, no que estivo representado o 91,85% do capital social da entidade, aprobáronse por unha ampla maioría as doce propostas de acordos recollidas na orde do día.

A Xunta celebrouse presencialmente e contou coa posibilidade de participar por vía telemática para asegurar a participación dos accionistas.

Os accionistas apoiaron co seu voto as contas anuais individuais e consolidadas do exercicio 2022. ABANCA obtivo en 2022 un beneficio de 217,0 millóns de euros, un 40,7% máis, en termos recorrentes, que no exercicio anterior grazas ao bo comportamento do negocio e ao control do custo do crédito. No exercicio de 2022 destacou a alta calidade dos resultados obtidos, que nun 94% proveñen de negocios bancarios con clientes. Este cociente era do 89% en 2021.

A entidade pechou o ano desde unha posición de gran solidez financeira que a afianza como unha das máis saneadas do sistema financeiro español. ABANCA presenta unha cobertura de activos dubidosos do 83,2%, un cociente Texas do 25,4%, unha taxa de morosidade do 2,0%, e unha taxa de adxudicados sobre balance do 0,3%

Outros acordos

A Xunta Xeral de Accionistas de ABANCA aprobou ampliar ata 15 o número máximo de conselleiros para facilitar o proceso de renovación do seu máximo órgano. Tamén aprobou a reelección de Ana Barros como conselleira. O Consello de administración de ABANCA, seguindo as mellores prácticas de goberno corporativo, está formado por 12 membros, 9 deles independentes, o que supón un 75% do total.

Outros puntos da orde do día foron o nomeamento de PWC como novo auditor ata 2026 e a autorización para a compra de accións propias.

En materia de bo goberno, ABANCA continúa avanzando na implantación das mellores prácticas en Goberno Corporativo, entre elas as recomendacións do Código de Bo Goberno, e conta por segundo ano coa verificación externa do seu modelo de gobernanza. O informe de verificación foi validado por KPMG Asesores, que tamén verificou a Memoria Corporativa.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA incrementa o seu capital en 120 p.b. tras aprobar o BCE os seus modelos internos

14-01-2026
Corporativo Financiero

O Banco Central Europeo (BCE) outorgou a ABANCA a autorización para utilizar os seus propios modelos avanzados de avaliación de risco de crédito no cálculo de requisitos de capital.

ABANCA recibe a certificación de sostibilidade BREEAM ES cunha cualificación de excelente para Espacio Avenida

09-01-2026
Corporativo

O banco elixe BREEAM ES para acreditar o seu compromiso cun modelo de edificación eficiente, responsable e orientado ao benestar das persoas.

 O director xeral do centro tecnolóxico ITG, Carlos Calvo, o director territorial na Coruña de ABANCA, Óscar Salgado, e a xerente de Proxectos da área de Inmobles de ABANCA, Pilar Ceide, no acto de entrega da certificación BREEAM a Espacio Avenida
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .