• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA abre nova etapa en Portugal para crecer nos segmentos de private banking e empresas

  • A entidade finaliza con éxito a integración de Deutsche Bank PCB Portugal, cuxos clientes xa reciben servizo a través da plataforma ABANCA
  • A operación preserva as fortalezas do negocio adquirido e potencia as súas capacidades operativas e de negocio mediante a aplicación do modelo ABANCA
  • ABANCA xestiona en Portugal un negocio de 7.363 millóns de euros (máis de 82.000 no conxunto de España e Portugal) e presta servizo a case 79.000 clientes entre particulares e empresas
  • O banco está presente en 16 dos 20 distritos portugueses a través dunha rede de 70 puntos de venda
  • ABANCA é a primeira entidade financeira en advisory banking en Portugal e sitúase entre o dez primeiras por recursos de clientes e crédito

De esquerda a dereita, Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, e Pedro Pimenta, country head de ABANCA en Portugal.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita Francisco Botas, Juan Carlos Escotet Rodríguez e Pedro Pimenta, durante a rolda de prensa de presentación de ABANCA en Portugal.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita, Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, e Pedro Pimenta, country head de ABANCA en Portugal.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Imaxe exterior dun dos puntos de venda de ABANCA en Portugal (Amoreiras, Lisboa).

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Presentación ABANCA Portugal Presentación ABANCA Portugal Ver ficheiro PDF
12-06-2019
Negocio

ABANCA deu un importante salto en volume de negocio e implantación no mercado portugués tras a finalización da integración de Deutsche Bank PCB Portugal, entidade cuxa adquisición anunciouse en marzo de 2018.

Unha vez completado o proceso durante este fin de semana, con total normalidade e sen impacto sobre o servizo aos clientes, o banco abre unha nova etapa no mercado portugués. ABANCA conservará as fortalezas do negocio adquirido, como o seu posicionamento e prestixio no segmento private banking, e potenciará as súas capacidades operativas e de negocio en áreas como a banca de empresas, os seguros ou a banca dixital.

Negocio de calidade

Tras a integración, ABANCA xestiona en Portugal un volume de negocio de 7.363 millóns de euros (máis de 82.000 no conxunto de España e Portugal): 4.065 millóns de euros en recursos de clientes e 3.298 millóns de euros en crédito. Estas cifras sitúan a ABANCA como décima entidade financeira do mercado portugués tanto por recursos de clientes como por crédito. ABANCA é ademais a primeira entidade en advisory banking. A entidade presta servizo a case 79.000 clientes (particulares e empresas) a través dunha rede comercial formada por 70 puntos de venda nas principais localidades e centros económicos de Portugal.

En Portugal ABANCA conta cun equipo local formado por aproximadamente 500 profesionais de gran experiencia no segmento de clientes de alto valor. A xestión do negocio e a toma de decisións desenvolverase desde Portugal a través dunha estrutura de órganos de goberno autónoma dentro do grupo ABANCA.

Proceso de integración

Todos os clientes reciben xa servizo desde a plataforma ABANCA en condicións de plena normalidade. A integración, que se desenvolveu sen impacto para eles, alcanza ao 100% das aplicacións, servizos e centros. Mediante a medición de 1.109 parámetros verificouse unha calidade do 100% no traspaso da información. Por parte de ABANCA o proceso foi executado por un equipo de 430 profesionais, que en conxunto investiron un total de 290.000 horas de traballo. Todos os puntos de venda e sedes corporativas mostran xa a marca ABANCA, que foi implantada en 2.500 soportes corporativos por un equipo de 100 persoas durante o fin de semana.

A integración conserva as fortalezas dun negocio diferenciador no mercado portugués, especialmente no segmento investimento. Os seus principais atributos neste campo son a súa posición de liderado na comercialización de fondos internacionais (cunha cota de mercado do 35%), a arquitectura aberta con acceso a 856 produtos das principais xestoras e os seus acordos con entidades de primeiro nivel mundial.

Grazas á súa incorporación ao grupo ABANCA, os clientes, tanto particulares como empresas, benefícianse xa de importantes vantaxes, como o impulso ao financiamento dos seus proxectos, un amplo catálogo de produtos financeiros e de seguros, novas capacidades de operatoria dixital, atención por equipos especializados, etc.

ABANCA en Portugal

ABANCA confire a Portugal especial importancia nos seus plans a longo prazo polo seu papel esencial dentro do mercado ibérico e a súa interrelación económica con España, así como polo seu valor no ámbito das mellores prácticas en banca privada e o seu carácter de referencia para o crecemento en España.

A entidade, que dispón dunha experiencia previa de 19 anos no mercado portugués, fixouse como obxectivo para 2021 alcanzar un volume de negocio de 9.400 millóns e situarse como un dos bancos de referencia no país.

Para iso apoiarase nun modelo innovador e diferencial de éxito probado. As súas características principais son o coñecemento das necesidades do cliente, a combinación de atención persoal e banca a distancia (on-line e telefónica), o servizo a través de unidades especializadas, a sinxeleza e transparencia na contratación e xestión de produtos e servizos, e a orientación internacional, entre outras. Os públicos aos que se ABANCA dirixirá en Portugal son as empresas, en especial as que operan tamén en España, e os particulares do segmento private banking.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .