ABANCA achégase ás necesidades dos produtores de pistachos de La Meseta del Duero
- A entidade financiera rubrica un acordo de colaboración con Pistachos de La Meseta del Duero, que permite aos seus integrantes beneficiarse dunha oferta adaptada ao sector agrario
- O banco avanza no traballo conxunto con este colectivo, logo de financiar a construcción dun centro de procesado referente para Castela e León deste froito seco en Pedrosa del Rey
- O banco canaliza a través da súa unidade ABANCA Agro as necesidades do colectivo e ofrece un catálogo adaptado e xestores especializados
ABANCA dá un novo chanzo no seu compromiso co sector primario de Castela e León e asina un convenio de colaboración con Pistachos de La Meseta del Duero. Grazas a esta rúbrica, o banco dá un impulso a un dos cultivos que medra con máis forza na comunidade e que se consolida como unha das alternativas de futuro para os agricultores. A entidade financeira avanza no traballo conxunto que mantén coa sociedade, logo de financiar a construción dun centro de procesado deste froito en Pedrosa del Rey, que será referente para este cultivo en Castela e León.
A firma tivo lugar esta mañá en Valladolid e participou o director territorial de ABANCA en Castela e León/Asturias, Marcos Lamas, e o presidente de Pistachos de La Meseta del Duero, José María Rey. Ao acto tamén asistiu o coordinador de ABANCA Agro, Alfonso García, e outros representantes da sociedade agrícola.
Grazas a este novo texto, os preto de 60 socios que integran Pistachos de La Meseta del Duero, se poderán beneficiar dunha ampla gama de produtos e servizos destinados a resolver as necesidades máis perentorias do colectivo, pero tamén dar resposta aos desafíos como os investimentos ou a mellora da rendibilidade. O traballo do banco e da sociedade deu como resultado un texto que inclúe produtos con prazos amplos de amortización, carencias ou tramitación máis áxil, que complementan os convenios oficiais en vigor de aplicación ao sector como o Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada, os avais do ICO ou o convenio con SAECA.
En detalle, estes agricultores dedicados ao cultivo e transformación do pistacho poderán contratar desde este momento produtos como un préstamo persoal ou o leasing para o sector agrogandeiro, cun prazo moi amplo, que pode chegar ata os 12 anos no caso de préstamo. Modalidades pensadas para algúns dos desafíos que afrontan estes produtores nos vindeiros anos como a renovación ou adquisición de maquinaria, o crecemento das capacidades das instalacións ou a implantación de novos desenvolvementos.
Neste catálogo á medida das necesidades dos produtores castellanoleoneses tamén se ofrece a póliza de crédito con prazo de ata cinco anos, ideada para o sector e que supón un revulsivo para as necesidades de liquidez de cada momento, cun importante aforro nos gastos notariais. O financiamento a curto prazo complétase co anticipo colleita ou o préstamo campaña para facer fronte aos gastos habituais da vindeira colleita. Estas alternativas súmanse a outras fórmulas de crédito como liñas de comercio exterior, confirming, factoring, avais ou liñas de desconto.
Os seguros son tamén protagonistas no convenio asinado con La Meseta del Duero, cunha liña específica de financiamento de seguros agrarios para os seus integrantes que permite fraccionar o pagamento ata en 12 mensualidades, xusto cando os seguros cobran especial relevancia e co único custe dunha comisión de apertura.