• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA achegou a educación financeira a máis de 750 estudantes durante a Global Money Week

  • Máis de 300 alumnos e alumnas participaron nos encontros da nova iniciativa ‘De Economía a Econotuya’
  • As conferencias ‘Preparados para dar o salto’ chegaron a máis de 240 estudantes de Secundaria

Na imaxe, José María Jardón, director territorial Extremadura Sur de ABANCA, durante unha das charlas sobre educación financeira.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

25-03-2024
RSC

ABANCA e a súa Obra Social reforzaron a semana pasada, coincidindo coa celebración da Global Money Week, as actividades do programa de educación financeira que desenvolven ao longo do curso escolar. Máis de 750 estudantes participaron nas diferentes accións organizadas coa fin de achegar os coñecementos financeiros ás aulas.

Entre as iniciativas postas en marcha destacaron os encontros educativos ‘De Economía a Econotuya’, aos que asistiron 325 alumnos e alumnas de Educación Primaria, Secundaria e Formación Profesional de Galicia, Estremadura, Castela e León, Madrid e País Vasco. En concreto, participaron escolares do Colexio María Reina de Madrid, Colexio Divina Pastora de León, IES Arcebispo Xelmírez de Santiago, CEIP Trajano de Mérida, CEIP Paraixal de Vigo, Colexio Peñarredonda de A Coruña, Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra, CPI José García García de Ourense, Colexio Padres Franciscanos de Lugo e Colexio Otxarkoaga de Bilbao.

Nestas sesións, persoas directivas de ABANCA que participaron como voluntarias acudiron aos centros escolares para explicar diferentes conceptos financeiros adaptados á idade dos asistentes. En Educación Primaria abordaron temas como os seguros, o uso responsable do diñeiro, o aforro e a diferenza entre caprichos e necesidades. En Secundaria e Formación Profesional incluíron temáticas como a inflación, a rendibilidade do diñeiro, o trading, as criptomonedas, a ciberseguridade e mesmo a interpretación dunha nómina.

Ademais desta nova acción, que amplía o alcance do programa de educación financeira de ABANCA e AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web, tamén se reforzaron outras actividades, como o ciclo de conferencias ‘Preparados para dar o salto’. En total, 243 estudantes de Secundaria asistiron ao seis relatorios que se impartiron en diferentes centros educativos de Galicia.

Ademais, 54 estudantes participaron nas dúas sesións organizadas no International School SEK Atlántico en Poio no marco do programa ‘As túas finanzas, o teu futuro’, promovido pola Asociación Española de Banca co asesoramento pedagóxico de Junior Achievement.

Tamén durante a Global Money Week impulsáronse outras actividades dirixidas ao público escolar, como o Gran Prix Financeiro, do que gozaron máis de 70 escolares; os talleres de innovación e emprendemento do programa formativo que promoven Afundación e a Asociación Galega de Empresa Familiar (AGEF), aos que asistiron 30 estudantes, ou a sesión formativa do programa ‘Segura-Mente: O Gran Tour’, na que participaron 25 alumnos e alumnas do IES Rafael Puga Ramón de A Coruña.

Todas estas accións forman parte do programa de educación financeira de ABANCA e Afundación e teñen como obxectivo fomentar desde idades temperás a autonomía económica dos mozos e brindarlles as ferramentas necesarias para tomar decisións informadas e responsables sobre o diñeiro.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .