ABANCA acode á OPA de MásMóvil e vende a súa participación en Euskaltel
- ABANCA Corporación Industrial conta co 4,48% do capital da operadora de telecomunicacións vasca
- O prazo para acudir á oferta pública de adquisición finaliza o venres 30 de xullo
ABANCA decidiu acudir á OPA presentada por MásMóvil sobre o 100% do capital de Euskaltel e vender o 4,48% da súa participación no capital da empresa de telecomunicacións. O prazo de aceptación finaliza o venres 30 de xullo, 24 días naturais despois da data de publicación do anuncio da oferta.
ABANCA incorporouse ao accionariado de Euskaltel, en novembro de 2015, ao subscribir un 5,27% de participación na ampliación de capital que se realizou para adquirir o Grupo R Cable. A participación diluíuse até o 4,48% a mediados de 2017, tras a adquisición de TeleCable por parte de Euskaltel. A participación do Grupo ABANCA remóntase ás orixes da constitución de R Cable, operador galego de comunicacións por fibra óptica.