• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA activa opcións de crédito para facilitar a compra e rehabilitación de vivendas no barrio de Canido en Ferrol

  • O banco e a agrupación artística “As Meninas” traballan nunha oferta de financiamento adaptada ás necesidades de quen proxecte establecerse neste espazo histórico da cidade
  • O texto tamén inclúe opcións para a posta en marcha de novos negocios ou para afrontar as obras de mellora nos actuais comercios

O director da oficina de ABANCA en Canido, José Manuel Freire; o artista e promotor de “As Meninas”, Eduardo Hermida; e o presidente da Asociación de Veciños de Canido, Roberto Taboada, durante a sinatura do convenio.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

31-08-2017
Negocio

ABANCA e a agrupación artística “As Meninas” de Canido en FerrolSerás redirixido a outro sitio web presentaron unha oferta integral de crédito dirixida a facilitar a compra e rehabilitación de vivendas e a posta en marcha e mellora competitiva de negocios neste barrio. Un ambicioso plan de financiamento e promoción económica impulsado pola entidade financeira, que encaixa cos esforzos postos en marcha nos últimos tempos para garantir o futuro dun espazo histórico da cidade.

A firma do convenio tivo lugar nas instalacións do Centro Cívico de Canido e participaron o artista e promotor de “As Meninas”, Eduardo Hermida; o director da oficina de ABANCA en Canido, José Manuel Freire; e o presidente da Asociación de Veciños de Canido, Roberto Taboada.

O primeiro produto a disposición dos interesados é unha hipoteca, con condicións melloradas e especificamente adaptadas ás súas necesidades. Os futuros propietarios poderán elixir entre un préstamo a tipo fixo ou variable, con amplos prazos de amortización de ata 30 anos e con posibilidade de introducir carencias.

Quen desexe acometer obras de rehabilitación sobre inmobles xa adquiridos tamén encontrará respostas neste protocolo firmado polas dúas entidades. ABANCA habilita un préstamo persoalSerás redirixido a outro sitio web de ata 60.000 euros, cun prazo máximo de dez anos e que evita comisións de estudo, amortización ou cancelación anticipada. Entre os usos previstos inclúe desde melloras nas fachadas, cubertas e estruturas, ata substitucións nos servizos de calefacción, electricidade ou fontanería, entre outros.

Os propietarios que desexen mellorar a eficiencia ou sostibilidade enerxética ou acometer obras de accesibilidade nas vivendas de Canido, poderán acceder ao Plan ActivamosSerás redirixido a outro sitio web posto en marcha conxuntamente coa Deputación da Coruña. Trátase dunha liña de crédito exclusiva de ABANCA que permite as obras de modernización nos fogares con condicións moi atractivas.

ABANCA tamén facilita desde este momento o anticipo de subvencións públicas xa concedidas a adquirentes e rehabilitadores particulares de vivendas no barrio de Canido de Ferrol a través dun préstamo sen xuros. Para canalizar as opcións de financiamento e as subvencións públicas existentes, a entidade financeira formou nesta materia a empregados da oficina de Canido.

Posta en marcha de novas iniciativas comerciais

A oferta financeira presentada por ABANCA e “As Meninas” incentiva tamén a apertura de novos comercios e a mellora competitiva dos actuais. Un propósito que enlaza directamente cos esforzos da agrupación artística de contar cun barrio vivo e con futuro.

Os emprendedores que se empracen en Canido optarán a préstamos, leasings mobiliarios ou créditos deseñados para este colectivo con amplos prazos, xuros axustados e sen comisións. A entidade financeira comprométese así tanto coas empresas e autónomos que desexen arrancar os seus proxectos como con quen opte por impulsar os actuais.

O artista Eduardo Hermida resaltou tras a firma que “o convenio supón a culminación dunha acción comezada hai nove anos, que perseguía e persegue reivindicar para o barrio una contorna máis agradable e bonita para vivir”. José Manuel Freire, director da oficina de Canido, destacou tras a firma que “é unha satisfacción para ABANCA participar nun proxecto que dunha maneira tan decisiva dinamiza a través do crédito a rehabilitación deste entorno de Ferrol e a instalación de negocios”. Pola súa parte, Roberto Taboada expresou “a excelente noticia que supón que ABANCA poña a disposición dos veciños actuais e futuros de Canido financiamento vantaxoso e asesoramento sobre axudas e subvencións e o anticipo das mesas, con persoal especificamente formado”.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .