ABANCA Ademar e ABANCA organizan un partido solidario a favor de Cáritas e Cruz Roja
- A entidade financeira reparte desde esta tarde nas súas oficinas entradas para asistir ao partido fronte ao Balonmano Sinfín no Palacio Municipal de los Deportes
- Trátase dunha iniciativa solidaria para incentivar a doazón de alimentos e xoguetes destinados ás familias con menos recursos
ABANCA e ABANCA Ademar presentaron hoxe unha iniciativa solidaria conxunta para recoller alimentos e xoguetes a favor de Cáritas e Cruz Roja. Trátase do ‘Partido Solidario ABANCA’, unha acción que permitirá asistir de maneira gratuíta a calquera afeccionado que o desexe ao encontro que medirá ao cadro ademarista co Balonmamo Sinfín de Santander o vindeiro sábado 8 de decembro ás 19:30 no Palacio Municipal de los Deportes.
O acto de presentación do ‘Partido Solidario ABANCA’, celebrado na oficina principal da entidade financeira en León, contou coa presenza do director de zona de ABANCA en León Centro, Marcos Álvarez; a responsable de asuntos sociais do ABANCA Ademar, María García; a directora de Comunicación e Captación de Fondos de Cruz Roja, Julia Lombraña; o administrador xeral de Cáritas León, José Luis Lorenzana; e o representante das peñas do ABANCA Ademar, José del Ganso.
As entradas gratuítas estarán dispoñibles desde hoxe nas oficinas da entidade financeira en León. Os clientes de ABANCA poderán retirar dúas invitacións por cada DNI, mentres que os non clientes terán á súa disposición un pase para este encontro, ata completar o aforo do Palacio Municipal de los Deportes. Os espectadores deberán traer dous quilos de alimentos non perecedoiros, un xoguete novo e non bélico, ou un peluche. Todo o que se consiga recadar doarase a Cáritas e Cruz Roja.
Con esta iniciativa, a entidade financeira e o conxunto leonés pretenden mostrar o seu compromiso e dar resposta a algúns dos principais problemas da nosa contorna, entre os que figura a loita contra a exclusión social.