ABANCA Ademar e ABANCA presentan unha iniciativa para arroupar ao equipo no seu último encontro ligueiro
- A entidade financeira reparte desde mañá nas súas oficinas entradas para asistir no Palacio Municipal de los Deportes ao partido fronte ao Frigoríficos Morrazo Cangas
- Esta acción enmárcase dentro do apoio estable que o banco mantén co conxunto ademarista, do que é patrocinador desde 2014 e xunto ao que impulsou as pasadas dúas edicións da Copa Bauhaus ASOBAL
ABANCA e ABANCA Ademar presentaron en León unha iniciativa conxunta de apoio ao equipo na despedida da tempada regular. Trátase da segunda edición do “Partido ABANCA”, unha acción que permitirá asistir de maneira gratuíta a calquera seareiro que o desexe ao encontro que medirá ao cadro ademarista co Frigoríficos Morrazo Cangas o vindeiro sábado.
O acto de presentación do “Partido ABANCA” celebrouse esta tarde na oficina principal da entidade financeira en León e contou coa presenza do director de zona de ABANCA en León Centro, Marcos Álvarez; o presidente do ABANCA Ademar, Cayetano Franco; o técnico do equipo, Rafa Guijosa; e diversos xogadores e outros membros da xunta directiva.
As entradas gratuítas estarán dispoñibles desde mañá mesmo nas oficinas da entidade financeira en León e a súa área de influenza. Os clientes de ABANCA poderán retirar dúas invitacións por cada DNI, mentres que os non clientes terán á súa disposición un pase para este encontro, ata completar o aforo do Palacio Municipal de los Deportes.
Con esta iniciativa, a entidade financeira e o club ademarista pretenden homenaxear ao equipo e á afección tras una vibrante tempada. O conxunto de Rafa Guijosa pecha así a competición regular tras alzarse co subcampionato, un éxito fraguado como local. O pavillón leonés foi un feudo inexpugnable, onde o ABANCA Ademar só perdeu un partido, precisamente ante o campión, o FC Barcelona.
Tras a senda de traballo conxunto iniciada no 2014, ABANCA mantén o seu compromiso de apoio estable ao ABANCA Ademar. Un vínculo con vocación de permanencia que tamén se ampliou ao patrocinio das dúas últimas edicións da Copa Bauhaus ASOBAL celebradas en León ou a posta en marcha de campañas para incrementar a base social de abonados.