• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA adianta con créditos brandos o cobro de axudas para investimentos sostibles no sector do mar

  • A través da súa unidade especializada ABANCA Mar, o banco financiará mediante anticipos subvencións para mellorar a eficiencia enerxética de instalacións, a protección da biodiversidade mariña e a sostibilidade pesqueira e acuícola
  • A entidade financeira presenta ás confrarías do norte da Coruña as novidades da súa oferta financeira para o sector marítimo-pesqueiro e reforza o marco de colaboración conxunto

O director territorial de ABANCA na Coruña, Gerardo Fuertes (de pé, oitavo pola esquerda); o director de ABANCA Mar, Javier Fraga (á súa dereita) e outros directivos do banco, xunto aos representantes das principais confrarías da área da Coruña, onte na reunión.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

10-12-2019
Negocio

ABANCA acaba de lanzar, a través da súa unidade especializada ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, unha liña de anticipos para financiar axudas públicas destinadas á mellora da sostibilidade do sector marítimo-pesqueiro.

Estes préstamos brandos, con xuros baixos e sen comisións, permitirán anticipar o importe de subvenciones autonómicas e estatais concedidas para acometer investimentos sostibles e actuacións na cadea de valor do mar que contribúan a combater o cambio climático. Entre outras, a entidade financeira galega adiantará o cobro de axudas para a modernización enerxética de instalacións (confrarías, lonxas e portos pesqueiros), para protexer a biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e os seus ecosistemas ou para investimentos en buques que fomenten a pesca sostible. Tamén figuran nesta liña de financiamento anticipos de subvencións do Programa PleamarSerás redirixido a outro sitio web do Ministerio para a Transición Ecolóxica para o reforzo da sostibilidade do sector pesqueiro e acuícola español.

Estes novos créditos inclúense no plan de financiamento de ABANCA Mar para o sector marítimo-pesqueiro que, xunto ao apoio a investimentos dirixidos á renovación da flota, dá prioridade este ano á concesión de crédito para acometer proxectos de mellora da sostibilidade pesqueira.

A entidade financeira presentou esta tarde en A Coruña a súa nova oferta financeira para o sector do mar durante unha reunión de traballo con responsables das principais confrarías del norte da provincia. No encontro, promovido por ABANCA para reforzar o marco de colaboración estable que mantén con este colectivo, participaron o director territorial de ABANCA na Coruña, Gerardo Fuertes Ayerdi, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga Díaz, así como outros representantes da entidade financeira vinculados co negocio do sector pesqueiro. Por parte das confrarías asistiron os representantes –na súa maioría patróns maiores- dos pósitos da Coruña, Caión (Laracha), Cariño, Cedeira, Corme, Ferrol, Laxe, Malpica, Mera, Miño, Mugardos, Pontedeume e Sada.

Novo acordo de colaboración conxunta

Durante o encontro, os trece pósitos asistentes renovaron o acordo financeiro que manteñen con ABANCA. O protocolo inclúe produtos e solucións de financiamento deseñados pola entidade para atender as necesidades das empresas e profesionais do mundo do mar, como hipotecas navais, préstamos a tipo fixo ou pólizas de crédito para renovación de flota; préstamos para a compra de materias primas en campaña, mareas, pagos de gasóleo ou de dereitos de pesca, e anticipos para facer fronte a paros biolóxicos ou pago de impostos.

A xornada permitiu a ABANCA coñecer de primeira man a realidade deste sector clave para a economía galega e, especificamente, as inquedanzas das Confrarías do litoral norte da provincia coruñesa. Coa cita celebrada esta tarde, xa son catro as edicións dunha reunión impulsada pola entidade financeira co obxectivo de traballar de maneira conxunta para dar resposta ás demandas deste colectivo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .