• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA, Afundación e a UIE apagarán os seus edificios mañá pola Hora do Planeta

  • Vinte centros corporativos do banco, a súa Obra Social e a Universidad Intercontinental de la Empresa desconectarán a súa iluminación entre as 20.30 e as 21.30 horas
  • ABANCA, Afundación e a UIE súmanse a esta iniciativa para concienciar sobre a emerxencia climática e a necesidade de protexer a natureza
Imaxe ilustrativa da participación de ABANCA na Hora do Planeta

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

27-03-2026
RSC

ABANCA, Afundación e a Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) sumaranse mañá, sábado 28 de marzo, á Hora do Planeta, a maior iniciativa global de mobilización ambiental impulsada por WWF, que chega este ano á súa vixésima edición. O banco, a súa Obra Social e a UIE realizarán un apagamento simbólico de 60 minutos, de 20.30 a 21.30 horas, nos seus edificios máis representativos.

En concreto, ABANCA desconectará a iluminación dos principais centros que ten na Coruña (Rúa Nueva 30, Riego de Agua, Espazo Avenida e Praza de Lugo) e Vigo (García Barbón). En Madrid, quedarán ás escuras a sede de Recoletos 4 e a oficina de Serrano. Tamén se sumarán ao apagamento as oficinas principais do banco en Lugo, Ourense, Oviedo e Mérida. Ademais, nesta edición apagarase por primeira vez o Edificio Fronteira en Lisboa.

Pola súa banda, Afundación desconectará as fachadas e pantallas LED das súas sedes na Coruña (Cantón Grande), Vigo (Policarpo Sanz), Ourense e Ferrol. A este apagamento sumaranse o Teatro Afundación de Vigo e a Residencia de Estudantes da institución en Pontevedra.

A Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE) tamén participará activamente na iniciativa deixando sen luz os rótulos dos seus campus na Coruña (Ronda de Nelle) e Vigo (Avenida de Madrid).

Con esta acción, ABANCA, Afundación e a UIE reafirman o seu compromiso coa sostibilidade e a loita contra o cambio climático. As tres organizacións manteñen a protección do medio ambiente como un eixo prioritario da súa estratexia, impulsando proxectos que promoven a conservación da biodiversidade e un modelo socioeconómico responsable e respectuoso coa contorna.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Fundación Bancaja inauguran a exposición ‘Compromiso coa arte. De Miró a Barceló’ en Valencia

24-04-2026
RSC

A mostra ofrece un percorrido pola arte do século XX e XXI desde as vangardas históricas ata a actualidade a través de 86 obras das coleccións de ABANCA e Fundación Bancaja de 59 artistas nacionais e internacionais.

Persoas que participaron na inauguración da exposición 'Compromiso pola arte. De Miró a Barceló' na Fundación Bancaja

ABANCA e Afundación presentan en Santiago a exposición interactiva ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’

08-04-2026
RSC

Poderá visitarse no Centro ABANCA Obra Social ata o 15 de setembro e contará cun amplo programa de visitas guiadas para público xeneral e outro específico para escolares.

Inauguración exposición ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .