• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA, Afundación e AGEF renovan a súa alianza para fortalecer o tecido empresarial galego e fomentar o emprendemento

  • ABANCA será o patrocinador principal das actividades que desenvolva a Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) durante o próximo ano
  • Afundación apoiará a nova edición do programa ‘Empresa Familiar nas aulas’ e organizará o concurso ‘Emprender é soñar, apúntaste?’

De esquerda a dereita, Pedro Otero, director xerente de Afundación, José Bernardo Silveira, presidente de AGEF, e Gabriel González Eiroa, director xeral Comercial de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

03-12-2024
Corporativo RSC

ABANCA, Afundación e a Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) renovaron hoxe os acordos de colaboración que manteñen co obxectivo de seguir desenvolvendo iniciativas que destaquen a relevancia da empresa familiar e o seu papel estratéxico no fortalecemento do tecido empresarial e o impulso do espírito emprendedor en Galicia.

Os convenios foron subscritos por Gabriel González Eiroa, director xeral Comercial de ABANCA; Pedro Otero, director xerente de Afundación, e José Bernardo Silveira, presidente de AGEF. Por parte de ABANCA, esta renovación reafirma a vontade da entidade financeira de apoiar proxectos que promovan a continuidade das empresas familiares, melloren o seu marco legal e fiscal, e fomenten o emprendemento. Neste contexto, ABANCA seguirá sendo o patrocinador principal das actividades organizadas por AGEF.

Durante a firma, Gabriel González Eiroa destacou que “dar continuidade a esta colaboración histórica con AGEF reforza o compromiso de ABANCA co tecido produtivo galego e coas empresas familiares, que desempeñan un papel esencial no desenvolvemento económico e social da nosa rexión”.

Pola súa banda, José Bernardo Silveira, presidente de AGEF, expresou o seu agradecemento a ABANCA e Afundación, subliñando que “o apoio recibido fortalece á nosa asociación e apoia ás empresas familiares galegas, que representan un piar fundamental do tecido empresarial en Galicia”.

O convenio asinado con Afundación asegura unha nova edición do programa educativo ‘Empresa familiar nas aulas’. Esta iniciativa, dirixida a estudantes e profesores de 4º de ESO, Bacharelato e FP, ten como obxectivo sensibilizar á poboación en idade escolar sobre a importancia das empresas familiares, promover os valores que as caracterizan e espertar vocacións emprendedoras. No marco desta colaboración, para engadir un elemento motivador, AGEF e Afundación tamén convocarán e organizarán o concurso ‘Emprender é soñar, apúntaste?’.

Pedro Otero, director xerente de Afundación, sinalou que “este programa intégrase dentro das accións educativas de ABANCA e a súa Obra Social, orientadas a facilitar un achegamento ao ámbito empresarial desde idades temperás. Deste xeito, foméntase unha comprensión máis profunda da contorna laboral que atoparán no futuro e enriquécese a súa aprendizaxe sobre a realidade empresarial”.

O programa ‘Empresa familiar nas aulas’ pon de manifesto o compromiso da Asociación Galega da Empresa Familiar co impulso do emprendemento en Galicia. A través do coñecemento académico relacionado coa empresa, a iniciativa busca espertar a vocación profesional dos estudantes, así como abrir horizontes laborais. Desde a súa posta en marcha, participaron na iniciativa 2.763 alumnos de secundaria, bacharelato e formación profesional de 32 centros educativos galegos.

A Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) é a principal asociación de empresas con raíces, sede social e vocación de permanencia en Galicia, integrada na actualidade por 62 compañías. O seu propósito é promover o desenvolvemento e crecemento das empresas familiares na nosa comunidade, defendendo os seus dereitos e intereses e apoiando iniciativas que as fagan máis competitivas, co obxecto de favorecer o incremento da prosperidade e calidade de vida de Galicia.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

ABANCA inaugura na Coruña Espacio Avenida

20-02-2025
Corporativo Negocio

O banco contribúe á recuperación do patrimonio histórico no marco do seu compromiso coa Coruña e con Galicia.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .