ABANCA alcanza o 39,3% de Nueva Pescanova e consolida a súa posición como principal accionista
- Mediante o seu apoio, o banco contribúe a reforzar o complexo industrial relacionado co mar, no que Galicia é unha das comunidades punteiras no mundo
ABANCA consolida a súa posición como principal accionista de Nueva Pescanova tras adquirir un paquete de títulos equivalentes ao 6,03% do capital que o Banco Santander (5,92%) e Caixa Geral de Depósitos (0,11%) tiñan en Nueva Pescanova. Con estas compras, a entidade financeira galega alcanza o 39,29% da pesqueira. Desde o 26 de xuño, ABANCA ten un conselleiro dominical en Nueva Pescanova.
O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, declarou onte luns que a intención do banco é permanecer como accionista de referencia de Nueva Pescanova a longo prazo, porque “é unha empresa estratéxica da economía galega e, en especial, do sector do mar”. ABANCA financia, entre outros investimentos, a construción de catro novos barcos da compañía para Namibia e Mozambique, o primeiro dos cales entregouse o pasado 23 de xullo. O obxectivo é apoiar o seu desenvolvemento nos ámbitos extractivo e comercial. Nueva Pescanova ten 10.000 empregados en máis de 20 países.
Mediante o seu apoio ao Grupo Nueva Pescanova, ABANCA contribúe a reforzar o sector do mar, no que Galicia é unha das comunidades punteiras no mundo.