• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA alcanzará o 80,46% de Nueva Pescanova e tomará o control da compañía

  • A operación formalizarase nas próximas semanas e ten como obxectivo salvagardar unha empresa fundamental para Galicia
  • O banco reforzará a estrutura financeira da compañía para potenciar e facer crecer o seu proxecto empresarial
  • ABANCA avanzará na procura dun socio industrial que permita construír un proxecto de valor a longo prazo desde Galicia

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

26-03-2020
Corporativo

ABANCA tomará o control de Nueva Pescanova tras culminarse unha operación na que adquirirá un paquete de títulos, ata agora propiedade de Banco Sabadell e Caixabank, equivalente ao 39,8% do seu capital. Tras esta compra, ABANCA será titular do 80,46% das accións da pesqueira. A operación formalizarase nas próximas semanas co obxectivo de salvagardar unha empresa fundamental para Galicia.

O plan de ABANCA inclúe reforzar a estrutura financeira da compañía e os seus principais ámbitos de actividade corporativa e comercial. Para iso afianzará as mellores prácticas de goberno corporativo e aplicará melloras no ámbito da xestión, todo iso co obxectivo de fortalecer o seu posicionamento competitivo e potenciar o seu crecemento.

De acordo co seu plan, ABANCA reterá unha participación importante no accionariado de Nueva Pescanova para avanzar na procura dun socio industrial que permita construír un proxecto de valor a longo prazo desde Galicia.

Ademais, entre os obxectivos da operación está devolver os órganos de decisión da compañía a Galicia e reforzar o apoio de ABANCA ao complexo industrial relacionado co mar, no que Galicia é unha das comunidades líderes no mundo.

A operación porá fin a un proceso desenvolvido ao longo dos últimos anos a través do cal ABANCA incrementou paulatinamente a súa participación no accionariado de Nueva Pescanova desde un 5,465% inicial ata o 40,66% previo a esta adquisición.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

ABANCA inaugura na Coruña Espacio Avenida

20-02-2025
Corporativo Negocio

O banco contribúe á recuperación do patrimonio histórico no marco do seu compromiso coa Coruña e con Galicia.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .