• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA alíase con Stonegal para impulsar a celebración da primeira feira de pedra natural de España

  • O evento, que terá lugar do 3 ao 5 de xuño, pretende reunir no IFEVI de Vigo a máis de 150 empresas dunha ducia de países
  • A cita busca reforzar a relevancia dun sector estratéxico que permite a Galicia liderar a extracción e transformación deste recurso natural

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, no centro da imaxe; o responsable de Stonegal, Alejandro Miras, segundo pola dereita; e outros representantes de ambas entidades durante o encontro.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

No centro, o director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, e o responsable de Stonegal, Alejandro Miras, na esquerda da imaxe; durante a sinatura do convenio.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

14-03-2025
Negocio

ABANCA apoiará a celebración de Stonegal, o primeiro evento sectorial que se celebra no noso país dedicado exclusivamente á pedra natural. A entidade financeira súmase así a unha cita que terá lugar do 3 ao 5 de xuño no Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) e que aspira a consolidarse como un dos grandes eventos empresariais do noroeste peninsular.

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, e o responsable de Stonegal, Alejandro Miras, foron os encargados de asinar o protocolo de colaboración entre ambas as entidades na sede institucional do banco en Vigo. ABANCA dá o seu apoio a esta primeira edición da feira e demostra o seu compromiso cos retos do sector da pedra natural. Con este acordo, o banco tamén apoiará a celebración de actividades paralelas á feira como a Gala Stonegal ou a entrega dos Premios Stonegal. ABANCA terá unha forte presenza de imaxe e comercial.

A feira de Stonegal prevé reunir a máis de 150 empresas dedicadas á extracción e transformación deste recurso natural. Entre os expositores xa confirmados haberá unha presenza relevante de firmas europeas, americanas e asiáticas. A feira pretende contar coa asistencia de 3.000 profesionais do sector da pedra.

Para o director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, “o apoio a esta feira permite ao banco apostar por un sector moi relevante da economía produtiva desta zona xeográfica e avanzar nos retos estratéxicos que se van presentar nos próximos anos”. Na súa intervención tamén quixo destacar “a experiencia de ABANCA como aliado estratéxico e o coñecemento efectivo do sector”.

Pola súa banda, o responsable de Stonegal, Alejandro Miras, quixo destacar que “Stonegal é froito dun proxecto que se vén desenvolvendo nos últimos anos e que suporá un punto de inflexión no sector da pedra natural e o seu papel na arquitectura dos próximos anos. Posiciona a Vigo como a capital da industria en 2025 e a súa consolidación suporá á súa vez a do IFEVI como centro de congresos de referencia no noroeste peninsular”.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .