ABANCA alíase cos regadores do Páramo leonés para impulsar a sostibilidade
- A entidade financeira renova o seu convenio e ofrece aos agricultores alternativas de financiamento para impulsar un modelo eficiente en consumo enerxético e recursos hídricos
- O banco pon a disposición do colectivo o catálogo de produtos e servizos da súa unidade especializada ABANCA Agro
- ABANCA activa opcións para incentivar a captación de investimentos que repercutan nunha maior competitividade do sector
ABANCA dá un novo impulso ao seu traballo conxunto co sector primario de León, tras a renovación do seu convenio de colaboración coa Comunidade Xeral de Regadores do Canal do Páramo. Co novo texto, a entidade financeira redobra a súa vinculación co regadío do sur da provincia e traballa para captar novos investimentos e facilitar a mellora das infraestruturas, coa vista posta na eficiencia.
No acto de renovación do convenio participaron o presidente da Comunidade Xeral de Regadores do Canal do Páramo, Roberto San Martín, e o director de zona de ABANCA en León Provincia, Pedro Vidal.
El acordo pon a disposición dos agricultores do Páramo condicións especiais á hora de recorrer ao crédito para investimento a longo prazo e tamén para financiamentos de gastos correntes. O acento deste crédito a medida que ofrece ABANCA recae moi especialmente na sostibilidade e é que estas explotacións axuntan a eficiencia enerxética e a xestión responsable dos recursos hídricos. Por iso, actívanse préstamos en condicións moi atractivas para a compra de fincas e para a modernización das superficies de regadío, pero tamén para a adquisición de maquinaria.
A oferta sectorial agraria de ABANCA complétase con persoais e hipotecarios e leasing mobiliario, así como liñas de comercio exterior, financiamento a través de leasing, confirming, factoring ou avais. Todo iso sen esquecer a póliza de crédito para financiar os gastos do día a día da actividade, cun prazo máximo de ata 5 anos. Estes profesionais do campo tamén poderán optar aos anticipos de subvencións ou impostos, unha alternativa flexible para as necesidades da campaña.
Do mesmo xeito, os agricultores poderán acceder ao catálogo de seguros de ABANCA para o sector primario. É o caso da liña Agro Seguro, o Seguro de Explotación Agraria ou o Seguro de Maquinaria Agrícola, entre outros. As primas destes seguros poderanse financiar sen xuros e pagar de forma fraccionada ata en 12 meses.
Ao lado do campo leonés
ABANCA mantén un forte compromiso con sector primario leonés e moi especificamente cos regadores do Páramo. Nos últimos anos, a entidade financeira mobilizou recursos para facer fronte ás situacións límite viviu este colectivo como as crises por exceso de choivas ou por seca extrema. Como é habitual tamén, desde hai uns días, ABANCA mantén activa a súa campaña especial para a tramitación das axudas PAC. Ademais, estará dispoñible o anticipo PAC, un produto que permite adiantar o cobro da axuda comunitaria sen pagar xuros.