ABANCA amplía a súa colaboración con AFIGAL para incrementar o seu apoio ás pemes da Coruña e Lugo
- A entidade financeira é socio fundador e principal socio privado da SGR
ABANCASerás redirixido a outro sitio web e Afianzamientos de Galicia SGR (AFIGALSerás redirixido a outro sitio web) ampliaron o acordo de colaboración que une a ambas entidades e que permite ás pemes das provincias da Coruña e Lugo a obtención de avais en condicións económicas vantaxosas.
A ampliación do devandito acordo, subscrita hoxe polo conselleiro delegado de ABANCA, Francisco BotasSerás redirixido a outro sitio web, e o presidente de AFIGAL, Antonio Couceiro, supón a mellora das condicións das operacións avaladas por AFIGAL e amplía os produtos de financiamento que poden ser avalados.
Este acordo inscríbese na estratexia de apoio ás empresas, en especial ás pemes, base do tecido económico galego, que ABANCA aplica co obxectivo de proporcionarlles os recursos financeiros necesarios para o desenvolvemento dos seus proxectos nas mellores condicións.
O acordo é así mesmo o primeiro que AFIGAL e ABANCA subscriben na nova etapa da SGR. “ABANCA dá a benvida ao novo consello de administración de AFIGAL e valora moi positivamente o esforzo que a sociedade realizou para adoptar as mellores prácticas en materia de goberno corporativo”, destacou Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA.
Principal socio privado
ABANCA é socio fundador e principal socio protector de AFIGAL, cunha participación que representa o 50% do capital social subscrito polos seus socios protectores. A entidade financeira realizou nos últimos anos varias achegas ao capital de AFIGAL co obxectivo de reforzar a súa solvencia e liquidez e incrementar a súa capacidade de avalar operacións de crédito.
ABANCA é así mesmo a entidade financeira con maior volume de investimento crediticio a empresas avalada por AFIGAL, co 58% do total de riscos financeiros garantidos por AFIGAL.