ABANCA amplía a súa participación en Nueva Pescanova ata un 9%
- A entidade financeira galega incrementou a súa participación con dúas compras nas últimas semanas a Bankia e a Deutsche Bank
- ABANCA apoia a unha empresa galega clave en termos de xeración de riqueza e emprego
ABANCA duplicou a súa participación na empresa galega Nueva Pescanova con dúas compras realizadas nas últimas semanas a Deutsche Bank e a Bankia. Desta forma sumouse ao 5,465% inicial, un 0,068% comprado a Deutsche Bank en marzo e o 3,491% adquirido posteriormente a Bankia.
Con este incremento, ABANCA conta cunha participación do 9,024% e mostra o seu apoio a unha empresa galega clave en termos de xeración de emprego. ABANCA demostrou desde o seu nacemento, en xuño de 2014, a súa vocación de favorecer o desenvolvemento da industria galega, con especial atención ao sector marítimo, favorecendo así o crecemento das empresas e a xeración de postos de traballo.
ABANCA realiza a xestión e venda da súa carteira industrial desde a súa división de Participadas, encadrada na dirección xeral de Desenvolvemento de Activos Singulares.