• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA amplía o seu compromiso co campo leonés ao firmar un convenio con UGAL-UPA

  • A entidade financeira e a unión de agricultores chegan a un acordo para ofrecer facilidades de financiamento nas campañas das axudas PAC e da remolacha
  • Os asociados poderán acceder ao catálogo de produtos da división ABANCA Agro e da oferta sectorial para o sector primario

O director territorial de ABANCA en León e Asturias, Marcos Lamas, xunto ao secretario xeral de UGAL-UPA León, Matías Llorente Liébana

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

12-05-2016
Negocio

ABANCA e a Unión de Gandeiros e Agricultores de LeónSerás redirixido a outro sitio web (UGAL-UPA) asinaron hoxe un convenio de colaboración que impulsa o seu traballo conxunto polo sector primario leonés. Un texto que fixa as bases, por un lado, para impulsar a campaña das PAC na recta final e, por outro, para axudar aos remolacheiros da provincia.

A firma tivo lugar esta mañá en León e contou coa presenza do secretario xeral de UGAL-UPA León, Matías Llorente Liébana, e do director territorial de ABANCA en León e Asturias, Marcos Lamas Seoane. Este acordo, impulsado polas dúas entidades, serve para poñer en escena o compromiso pola viabilidade do campo na provincia e coa modernización dos cultivos.

O texto aposta decisivamente por facilitar o acceso ao crédito aos agricultores, incidindo no abono anticipado das axudas PAC e da campaña da remolacha. Os asociados terán a opción de tramitar axilmente o cobro das axudas PAC e anticipar ata o 90% do importe sen comisións ou sen xuros. Os remolacheiros que vendan o seus cultivos á planta de Azucarera de La Bañeza tamén poderán adiantar o cobro da colleita sen custo e dunha maneira sinxela. Precisamente o sector primario é unha das grandes apostas estratéxicas da entidade, que hai menos dun ano puxera en marcha ABANCA Agro, unha división específica para este tipo de clientes con produtos adaptados ás súas necesidades.

Os agricultores asociados a UGAL-UPA poderán acceder a un amplo catálogo de financiamento adaptado ás súas demandas. Para afrontar as necesidades de liquidez terán á súa disposición unha póliza de crédito que pode chegar ata a cinco anos e sen ningún tipo de comisión de formalización. Tamén poderán facer fronte aos gastos derivados da campaña, con un límite de 10.000 euros, grazas a un préstamo con un tipo de xuro cero e unha reducida comisión de apertura.

Para afrontar investimentos como a adquisición de maquinaria ou a compra e amoblamento de fincas de regadío, ABANCA ofrece un préstamo persoal cun prazo de amortización de ata 12 anos. Un produto cunhas condicións moi competitivas e que permite poñer en marcha proxectos con total tranquilidade.

O convenio firmado complétase con condicións melloradas na contratación doutros produtos de activo, dentro da oferta ao sector agrario, que permiten atender calquera necesidade financeira dos asociados. En particular, o banco ofrece unha ampla gama de seguros agrarios para facer fronte a calquera imprevisto, así como unha liña específica para financiar o importe sen xuros. Todo isto, ademais, coas vantaxes do Programa Cero ComisiónsSerás redirixido a outro sitio web posto en marcha pola entidade financeira e que permite deixar de pagar polas contas, tarxetas e operacións máis habituais.

ABANCA mantén unha importante presenza en León, onde conta con medio centenar de oficinas e máis de 100 xestores altamente especializados para atender as necesidades dun sector no que xa é un referente pola calidade de servizo e por volume de facturación. UGAL-UPA León, pola súa parte, é unha organización nacida en 1991 que defende os intereses dos traballadores do sector agro-gandeiro da provincia.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .