ABANCA apoia a Aprotume para impulsar o potencial turístico das Médulas
- A entidade financeira e os empresarios bercianos asinan un convenio que busca a mellora competitiva destes establecementos con múltiples alternativas de crédito
- Os asociados poderán eliminar as comisións nas súas contas, tarxetas e operacións máis habituais grazas ao programa Cero Comisiones do banco
- ABANCA contribúe á mellora da oferta de servizos nun entorno que se consolidou como un dos motores do sector en León
ABANCA e a Asociación de Promotores Turísticos das Médulas (Aprotume) asinaron esta mañá por primeira vez un convenio de colaboración. Trátase dun texto que evidencia a boa sintonía entre as dúas entidades e que contribúe a impulsar o potencial turístico da contorna das Médulas.
A firma tivo lugar na oficina Ponferrada-Xeral Gómez Núñez de ABANCA e contou coa presenza do director territorial de ABANCA en León e Asturias, Marcos Lamas Seoane, e a presidenta da Asociación de Promotores Turísticos das Médulas, Serafina Gómez Morán. Un texto estratéxico que aposta polo crédito como ferramenta para acadar a mellora competitiva do sector na comarca.
O convenio recolle unha ampla e competitiva oferta de produtos deseñados para este fin, entre os que destacan préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pagamento de impostos, sen xuros ou comisións. Unha flexibilidade para o acceso ao financiamento que se complementa cunha ampla gama de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto. As opcións complétanse coas diferentes liñas de financiamento oficial que ABANCA ten subscritas con diversos organismos, como ICO e SGR.
Un incentivo á competitividade
Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
O texto, máis alá das opcións de crédito que ofrece aos asociados, mostra o compromiso de ABANCA cos empresarios e autónomos do sector na comarca e dun dos destinos turísticos máis relevantes de León. Unha aposta pola mellora competitiva para uns establecementos turísticos que acercan ao mundo este espazo declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no 1997.