• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA apoia a edición online do FID León ABANCA e reafirma o seu compromiso co evento

  • Nesta edición especial participarán máis de 15 relatores de máximo nivel, como José Javier Hombrados, Milinko Pantic, Eli Pinedo ou Juanito Oiarzabal, entre outros.
  • O evento, que se terá lugar o sábado e o domingo de 18.00 a 19.15 horas, poderá seguirse a través da plataforma web da Obra Social ABANCA “Afundación en Casa”.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-04-2020
RSC

ABANCA mostra unha vez máis o seu compromiso co FID León ABANCA e apoia a nova edición do evento organizada por Golden Dreams Team, que se celebrará esta fin de semana en versión online, dadas as circunstancias especiais que xerou a situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

Esta primeira edición online terá dúas sesións, o sábado 25 e o domingo 26 de abril de 18.00 a 19.15 horas, e reunirá a máis de 15 relatores de auténtico luxo, que estarán esta vez na pantalla, en lugar de no escenario do Auditorio Ciudad de León.

O sábado será a quenda de José Javier Hombrados e Anabel Medina, na charla “Do alto rendemento á xestión”. Tamén de Andrea Fuentes, Nuria Marqués e Jesús Tortosa en “Soños Olímpicos”. E, por último, de Joan Capdevila, Milinko Pantic e José Pedrosa Galán en “O camiño é o éxito”. O domingo, aparecerán en pantalla Eli Pinedo, Martín Fiz e Pirri, para a charla motivadora “Supera os teus límites”. Despois, Pedro Aguado e Eva Moral serán os protagonistas de “A competición da vida” e, por último, os dous montañeiros Carlos Soria e Juanito Oiarzabal falarán de “Retos de altura”.

As persoas interesadas en participar no evento, que será de carácter gratuíto, poden inscribirse a través da web https://www.fidleon.org/, onde xa se recibiron máis de 300 inscricións en tres días.

En directo en “Afundación en casa”

Co fin de contribuír á difusión desta primeira edición online do FID León ABANCA, que se emitirá en directo a través de FIDLeon.org, o evento poderase seguir tamén a través da plataforma web da Obra Social ABANCA “Afundación en casa” (https://www.afundacion.org/es/afundacion-en-casa), un portal de acceso libre e gratuíto que reúne 1.181 recursos educativos e culturais e que proporciona un amplo programa de contidos en directo para que a cidadanía poida continuar formándose e crecendo dunha maneira accesible e segura durante o período de confinamento.

Compromiso co deporte

O apoio de ABANCA ao Foro Internacional do Deporte enmárcase dentro do seu firme compromiso coa promoción da práctica deportiva a todos os niveis. O banco é patrocinador de equipos profesionais como o ABANCA Ademar, os principais equipos galegos de fútbol masculino e feminino (RC Celta de Vigo, RC Deportivo de La Coruña e CD Lugo) e os clubs de baloncesto Obradoiro CAB Santiago e CB Breogán Lugo. Ademais, a través do seu programa “ABANCA Deporte Base”, o banco proporciona apoio a 1.749 equipos e 14.500 deportistas de 34 disciplinas deportivas.

A entidade anunciou que manterá o importe íntegro destes patrocinios durante a presente tempada a pesar da suspensión das competicións. O obxectivo é contribuír a proporcionar aos clubs e aos deportistas un marco de estabilidade orzamentaria que lles permita dar continuidade ao seu proxecto deportivo e manter o emprego.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .