ABANCA apoia ás cofrarías da Coruña para facer fronte á actividade pesqueira
- A entidade financeira organiza un encontro virtual cos responsables dos principais pósitos da área coruñesa reafirmando o apoio e a cercanía ao sector durante o último ano para paliar o efecto económico da crise
- ABANCA Mar, a unidade especializada do banco para o sector, facilita resolver as demandas mediante xestores e medidas elaboradas para o sector
- O banco potenciará a colaboración co sector en programas de concienciación, sostenibilidade e coidado do medio marítimo
Un ano máis, ABANCA aumenta o seu compromiso co sector pesqueiro do ámbito xeográfico da Coruña ante a incerta situación xerada pola crise da COVID-19 e que pon en perigo o correcto desenvolvemento da campaña de Nadal. A entidade financeira e 18 das principais cofrarías do norte da provincia participaron nun acto, que foi realizado de forma virtual, que permitiu consolidar a colaboración do banco con este sector para poder coñecer as súas necesidades e presentar a súa oferta para facer fronte aos problemas actuais.
O director territorial de ABANCA na Coruña, Gerardo Fuertes, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, foron os encargados de representar á entidade financeira durante a reunión. Os patróns maiores conectáronse de maneira telemática á reunión.
Fronte á COVID-19
Durante o encontro, os representantes do sector mostraron a súa preocupación ante a crise económica xerada pola pandemia da COVID-19 debido aos posibles efectos na súa actividade e en especial de cara a unhas datas nas que o aumento do consumo destes produtos é tradicionalmente destacable.
Como solución, o banco presentou unha serie de produtos que permitirán a financiación das necesidades que xera a actividade pesqueira. Así mesmo, puxéronse sobre a mesa outras medidas, como alternativas adaptadas para o financiamento de circulante ou préstamos para financiar a compra de materias primas en campaña. Tamén se ofreceu a posibilidade de anticipos de subvencións para facer fronte a posibles paros biolóxicos que impidan realizar a actividade correctamente ou do pago de impostos, así como leasing mobiliario, avais ou seguros.
Compromiso co medio
No encontro, os representantes do banco resaltaron a colaboración que se levará a cabo nos próximos meses co sector a través de programas de concienciación, sostibilidade e coidado do medio marítimo. Tamén fixeron fincapié noutros aspectos actualmente relegados a un segundo plano, pero nos que estiveron traballando dende o sector durante os últimos anos. Trátase das necesidades de renovación da frota pesqueira e a mellora da sostenibilidade.
Por este motivo, a unidade especializada de ABANCA Mar poñerá a disposición das cofrarías un programa de crédito completo con produtos específicos, como hipotecas navais ou préstamos de tipo fixo para posibilitar a construción de novas embarcacións, pero tamén a remodelación ou segunda adquisición de barcos.