• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA apoia os ‘Días azuis’ para animar as vendas no comercio galego

  • O banco colabora nunha nova edición da campaña promovida pola Federacion Galega de Comercio e a Xunta de Galicia para dinamizar o comercio de proximidade
  • Ata o 30 de setembro sortearanse entre a clientela 80 tarxetas prepago de 300 e de 150 euros, achegadas pola entidade financeira

Gabriel González (quinto pola dereita), xunto aos representantes da Federación Galega de Comercio, Dirección Xeral de Comercio e Consumo e asociacións provinciais, coa imaxe da campaña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Gabriel González (á dereita), co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, durante a presentación da campaña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

15-09-2020
Negocio

O director de Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, presentaron esta mañá a quinta edición da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”.

Trátase da edición de setembro desta iniciativa, que contará este ano con outra convocatoria no mes de novembro. Deste xeito, os organizadores queren potenciar o fomento, estímulo e impulso do comercio de proximidade de Galicia, así como reforzar a posta en valor do importante papel económico e social do sector na nosa comunidade autónoma, nun momento especialmente complicado pola situación derivada da pandemia pola covid-19.

A edición de setembro 2020 de “Días Azuis do Comercio Galego” desenvolverase entre o 14 e o 30 de setembro, coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións da nosa comunidade autónoma. Durante estas datas, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago regalo, de 300 e de 150 euros. Participar é tan simple como rexistrar a compra na páxina da campaña www.diasazuis.comSerás redirixido a outro sitio web ou solicitar ó comerciante que faga o rexistro.

A campaña “Días Azuis do comercio galego” está organizada pola Federación Galega de ComercioSerás redirixido a outro sitio web e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Conta coa colaboración de ABANCA, entidade que achega os premios; así como das federacións provinciais de comercio, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de toda Galicia.

Na presentación da campaña, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, suliñou a necesidade de iniciativas que “agora máis ca nunca, conciencien ó consumidor da necesidade de apostar polo comercio de proximidade, realizar campañas que incentiven o consumo e recuperar a confianza do consumidor amosándolle que os nosos establecementos son seguros”. Tamén suliñou a necesidade da innovación e a dixitalización do sector e marcou coma reto superar os preto de 109.000 tickets de compra rexistrados na edición de outubro de 2019. Do mesmo xeito, remarcou a implicación e a colaboración entre as tres entidades para realizar os “Días Azuis do Comercio Galego”, así como outras moitas actividades que se están a propoñer en pro da competitividade do sector.

Pola súa banda, o director de Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, salientou a necesidade de “sumar forzas entre todos para impulsar a reactivación do pequeno comercio e os negocios galegos”. Indicou que desde o inicio da pandemia, ABANCA ten en marcha distintas medidas de apoio para o sector, encadradas no Plan Anticipar. “Son opcións financeiras coas que queremos anticiparnos ás necesidades que poidan ter os nosos comercios, pensando tamén na protección da saúde e fomentando a operativa a distancia e a dixitalización”, apuntou. Entre outras solucións, citou as liñas especiais de financiamento para achegarlles liquidez, moratorias, seguros adaptados e servizos exclusivos como a Firma ABANCA, que permite aos clientes firmar produtos e operacións sen necesidade de acudir á oficina; APLAZOS, que axuda a financiar as compras dos clientes en condicións moi vantaxosas, ou ‘Alavuelta’, un servizo dixital a disposición dos comercios pensado para atraer e fidelizar clientes e aumentar a súa rendibilidade.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .