• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA apoia unha nova edición dos ‘Días Azuis do Comercio Galego’

  • A entidade financeira colabora na campaña promovida pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia coa achega dos premios a sortear entre os clientes que merquen nos establecementos de proximidade
  • A promoción de outono desta iniciativa desenvolverase entre o 1 e o 20 de outubro, coa colaboración de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos

No centro, o director de Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, durante a presentación da campaña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director de Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, durante a súa intervención no acto de presentación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

27-09-2019
Negocio

O director de Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal presentaron esta mañá a cuarta edición da campaña 'Días Azuis do Comercio Galego'Serás redirixido a outro sitio web.

Trátase da edición de outono desta iniciativa, trala celebrada con gran éxito no mes de maio. Deste xeito, os organizadores queren potenciar o fomento, estímulo e impulso do comercio de proximidade de Galicia, así como reforzar a posta en valor do importante papel económico e social do sector na nosa Comunidade Autónoma.

A edición de outono de Días Azuis do Comercio Galego deste ano desenvolverase dende o vindeiro martes, 1 de outubro ata o 20 de outubro, coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos da nosa Comunidade Autónoma. Durante estas datas, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago regalo, de 300 e de 150 euros. Participar é tan simple como rexistrar a compra na páxina da campaña www.diasazuis.com ou solicitar ó comerciante que faga o rexistro.

A Federación Galega de Comercio quere que sexa un outono máis azul ca nunca nos establecementos, rúas, vilas e cidades galegas. O elemento máis significativo da campaña, un círculo azul grande, e outros elementos corporativos, locen xa nos comercios de toda Galicia. Ademais, prevese novamente un forte impacto nas redes sociais, a través do hastag #díasazuis.

A campaña 'Días Azuis do comercio galego' está organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía, Emprego e Industria. ABANCA achega os premios; e colaboran tamén as federacións provinciais de comercio, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de toda Galicia.

Na presentación da campaña, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, suliñou o crecente éxito e a importancia desta campaña, cada vez máis demandada polas asociacións, comerciantes e consumidores. Tamén o impulso que está a dar á dixitalización e promoción do sector, e marcouse como reto superar os 103.000 tickets de compra rexistrados na edición de maio de 2019. Do mesmo xeito, remarcou a forza da colaboración entre as tres entidades organizadoras, que fixo posible este ano unha segunda edición da campaña, así como outras moitas actividades que se están a realizar en pro da competitividade do sector.

Pola súa banda, o director de Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa, aplaudiu o éxito desta iniciativa, “porque contribúe a dinamizar as vendas e mellorar a competitividade dun segmento prioritario para ABANCA”. Salientou que a entidade financeira presta servizo a este colectivo a través dunha unidade de negocio especializada, ABANCA Negocios, e pon á súa disposición servizos exclusivos e innovadores como ‘Alavuelta'Serás redirixido a outro sitio web, unha ferramenta tecnolóxica baseada en técnicas de Big Data que os axuda a xerar novas oportunidades de negocio e a competir coas grandes plataformas comerciais”.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .