ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais
- A iniciativa de promoción creada pola Federación Galega de Comercio, a Xunta de Galicia e o banco acada a súa edición número 13
- A entidade financeira reivindica o seu compromiso co pequeno comercio e pon en valor a súa experiencia e a súa oferta especializada para estes negocios

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena (sexto pola esquerda), durante a presentación de Días Azuis en Santiago.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.
Trátase dunha nova edición, a número 13, desta coñecida e agardada iniciativa comercial, que ten por obxectivo potenciar, fomentar, estimular e impulsar o comercio de proximidade galego; poñendo en valor o seu importante papel económico e social e contribuindo á súa dinamización.
Nesta edición as entidades organizadoras fan un novo esforzo por incrementar o importe total e da cantidade dos premios. Así, entre os clientes que merquen durante as datas da campaña nos establecementos minoristas galegos e rexistren os seus tickets na web www.diasazuis.com, sortearanse un total de 20.000 euros, que estarán distribuidos en 44 tarxetas prepago de 250 euros e 60 tarxetas prepago de 150 euros. Pero ademáis, no acto de entrega destos premios sortearase en directo entre as persoas consumidoras asistentes unha tarxeta prepago de 3.000 euros para gastar nunha xornada de compras na localidade que desexe.
Con todo isto, a campaña “quere contribuir a fomentar as compras nos establecementos físicos, achegando ó consumidor ás nosas rúas e ás nosas tendas, poñendo en valor os noso sector”, sinalou José María Seijas . Unha campaña que busca dinamizar as vendas e que se suma a outras iniciativas promocionais, de asesoramento e formativas que a Federación Galega de Comercio realiza ao longo do ano.
“Días Azuis do Comercio Galego” está organizada pola Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Conta coa colaboración de ABANCA, entidade que aporta os premios; así como das federacións provinciais de comercio, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de toda Galicia.
O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena, pola súa parte, destacou que “Días Azuis do Comercio Galego” é “a iniciativa de promoción do comercio local máis importante que se desenvolve na nosa comunidade”. Marticorena subliñou “o papel que xoga a campaña á hora de revitalizar o comercio, xa que atrae visitas aos establecementos, impulsa as ventas e xeran vida nas nosas vilas e cidades”. O representante de ABANCA tamén quixo destacar “o apoio do banco ao sector e a vocación de seguir ao carón duns negocios que son claves na economía produtiva de Galicia”.