• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA busca proxectos innovadores para a oitava edición do seu Programa para Startups

  • A convocatoria permanecerá aberta ata o 14 de xuño na web de ABANCA Innova
  • A entidade financeira ofrece aos emprendedores un amplo programa de acompañamento que culminará coa realización dunha proba de concepto do seu proxecto
  • A anterior edición do programa atópase xa na súa fase final, coa execución das probas de concepto das startups Probely e Fleksy

O envío de candidaturas debe realizarse a través da web de ABANCA Innova.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

10-05-2023
Corporativo

ABANCA acaba de abrir o prazo de inscrición para participar na oitava edición do Programa para Startups de ABANCA Innova, unha iniciativa feita á medida de empresas emerxentes con propostas de valor innovadoras nos sectores de fintech, insurtech, regtech ou cibersecurity. O programa mantén a fórmula das súas edicións anteriores e oriéntase a proxectos en etapas temperás, con produto no mercado, pero tamén a startups xa consolidadas con tracción e métricas recorrentes.

O prazo de inscrición para participar no Programa para Startups de ABANCA Innova xa está aberto e finalizará o próximo 14 de xuño. O envío de candidaturas debe realizarse a través da web de ABANCA InnovaSerás redirixido a outro sitio web. Tras o proceso de recepción e análise das propostas, terá lugar un comité formado por persoas de diferentes unidades de negocio do banco, que serán as encargadas de seleccionar ás startups que participarán, no mes de setembro, no bootcamp da seguinte fase.

Vantaxes do Programa para Startups de ABANCA Innova

As startups seleccionadas para o bootcamp participarán en keynotes e workshops con expertos do sector. Ademais, durante o mesmo, manterán catro reunións privadas coas áreas de Negocio, IT, Innovación e Investments do banco, e participarán en charlas informais con directivos e empregados de ABANCA. De entre as startups participantes, elixiranse a aquelas que sexan máis afíns ao negocio do banco e daráselles a oportunidade de validar a súa proposta de valor a través da definición e implementación dunha proba de concepto (PoC) coa entidade.

Durante este proceso de piloto, ABANCA asignará a cada startup un mentor corporativo relevante para a súa área de negocio, cuxa misión fundamental será a procura de sinerxias da startup coa compañía, polo que lles acompañará durante a definición e implementación da proba de concepto. O equipo de ABANCA Innova realizará sesións de seguimento con cada startup elixida e a análise dos resultados obtidos durante o piloto.

ABANCA Innova ofrece, ademais, a posibilidade de recibir investimento directo en capital. Para iso, as empresas poderán participar en diferentes Startups Days da entidade e asistir aos principais eventos de investimento do ecosistema nacional de emprendemento.

Ao longo do programa, as startups terán tamén acceso a distintos servizos, como o uso de Amazon Web ServicesSerás redirixido a outro sitio web, Google Cloud ou ferramentas de márketing dixital, comunicación e recursos humanos, entre outras. Tamén terán á súa disposición o centro de innovación de ABANCA Innova na Coruña, un espazo de coworking onde poderán convivir cos profesionais de ABANCA e o seu ecosistema de emprendemento. O programa conta, ademais, coa participación de HubIn, empresa especializada en innovación e emprendemento.

Conclúe a sexta edición e arrinca a fase final da sétima

Coincidindo coa posta en marcha da nova edición, chega ao seu fin a sexta edición do Programa para Startups de ABANCA Innova. Flanks, Wetalk AI, Mychoice2pay, Rentall Partners e Colibid, os cinco finalistas, culminaron con éxito as súas probas de concepto e xa se atopan traballando no escalado das súas propostas de valor en ABANCA.

Ademais, a sétima edición do programa inicia estes días a súa fase final coas startups Probely e Fleksy. Ambas as compañías estarán implementando as súas tecnoloxías na proba de concepto durante o próximos tres meses.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .