ABANCA celebra o Día da Educación Financeira cun mes de actividades
- A programación do banco inclúe iniciativas para públicos de diferentes idades.
- Pontevedra e A Coruña acollerán este luns 3 de outubro as primeiras accións.
- Máis de 13.000 persoas beneficiáronse do programa de educación financeira do banco no último ano.
ABANCA súmase á celebración do Día da Educación Financeira, promovido polo Banco de España e a CNMV o luns 3 de outubro, cun programa de máis de 30 actividades que se desenvolverá nas principais cidades galegas.
Pontevedra e A Coruña acollerán este luns as primeiras iniciativas. A cidade do Lérez será escenario do ‘Gran Prix Financiero’ para público infantil e o Centro de Maiores de Afundación na Coruña acollerá ás 18.30 horas a conferencia-obradoiro ‘¿Estás preparado para mellorar a xestión das túas finanzas persoais?’ dirixida ao colectivo de xente maior.
A celebración do Día de la Educación Financiera enmárcase dentro do programa xeral de educación financeira que impulsa ABANCA en colaboración con Afundación ao longo de todo o ano e que ten como obxectivo fundamental acercar a toda a cidadanía, independentemente da súa idade, a información e conceptos máis importantes do ámbito financeiro.
Tatiana Suárez Cancelo, directora de RSC de ABANCA, destaca que “esta é unha liña estratéxica prioritaria na política de responsabilidade social do banco que temos vontade de seguir potenciando para que o maior número de persoas posible teña información suficiente para tomar decisións responsables sobre as súas finanzas persoais”.
Desde que se puxo en marcha o programa de educación financeira no último trimestre de 2015 a iniciativa suma máis de 13.000 beneficiarios, dos que máis da metade -7.500- son nenos e nenas que puideron empezar a tomar conciencia da importancia dunha xestión adecuada do diñeiro no día a día dunha maneira lúdica e divertida.
Calendario de actividades
As máis de 30 actividades organizadas con motivo da conmemoración do Día da Educación Financeira están estruturadas en tres grandes bloques en función da etapa da vida á que van dirixidas.
Para os máis pequenos, nenos e nenas de ata 12 anos, deseñáronse dúas accións: o ‘Gran Prix Financeiro’ e a obra de teatro ‘Dos contos ás contas’.
O ‘Gran Prix Financeiro. ¿Xogamos a ser maiores? ¡Divírtome aprendendo a aforrar!’ é un divertido xogo co que se pretende mostrar ao público infantil que o diñeiro non aparece por arte de maxia, a distinguir entre o necesario e o desexado, e que non sempre podemos ter o que queremos. A través de situacións cotiás os participantes aprenderán a xestionar o diñeiro a través das distintas fases do xogo.
Pontevedra: 3 e 4 de outubro 2016. Lugo: 3 e 4 de novembro 2016. Ourense: 16 e 17 de novembro 2016.
A obra de teatro ‘Dos contos ás contas’, dirixida a escolares de 4º, 5º y 6º de Primaria, pretende mostrar dunha forma lúdica a importancia do aforro e do esforzo persoal e común. A peza, producida especialmente para o programa de educación financeira de ABANCA e Afundación, chegará a 8.000 escolares de Vigo, Pontevedra, Ferrol, Santiago, Lugo, A Coruña e Ourense.
Pontevedra: 17 e 18 de outubro na Sede Afundación Pontevedra. Vigo: 19, 20 e 21 de outubro no Teatro Afundación Vigo. Lugo: 24 de outubro no Auditorio Municipal Gustavo Freire Lugo. Santiago: 25 de outubro no Auditorio ABANCA Santiago de Compostela. Ourense: 26 de outubro no auditorio Municipal de Ourense. A Coruña: 27 de outubro na Sede Afundación A Coruña. Ferrol: 28 de outubro na Sede Afundación Ferrol.
Para o colectivo de maiores programouse a conferencia-obradoiro ‘¿Estás preparado para mellorar a xestión das túas finanzas persoais?’. Con esta iniciativa preténdese axudar aos asistentes a tomar conciencia da súa relación co diñeiro e avanzar cara un comportamento financeiramente máis responsable, a través de tres grandes eixos: a xestión do diñeiro, a elección de produtos financeiros e a planificación financeira. As conferencias impartiranse nos centros de maiores de Afundación nestas datas:
Centro de Maiores da Coruña: 3 de outubro ás 18.30 h. Centro de Maiores de Viveiro: 4 de outubro ás 18.00 h. Centro de Maiores de Santiago: 6 de outubro ás 18.00 h. Centro de Maiores de Pontedeume: 10 de outubro ás 17.30 h. Centro de Maiores de Ferrol: 13 de outubro ás 17.00 h. Centro de Maiores de Lugo: 14 de outubro ás 11.00 h. Centro de Maiores de Betanzos: 17 de outubro ás 17.00 h. Centro de Maiores de Vigo: 18 de outubro ás 19.30 h. Centro de Maiores de Monforte: 24 de outubro ás 11.00 h. Centro de Maiores de Ourense: 24 de outubro ás 19.00 h. Centro de Maiores de Pontevedra: 25 de outubro ás 18.00 h.
O último bloque de actividades ten como obxectivo fomentar a cultura emprendedora. Neste ámbito encádrase a colaboración de ABANCA con Startup Weekend EDU Galicia, un dos eventos para emprendedores máis estendidos por todo o mundo, con presenza en máis de 130 países, que terá lugar entre o 14 e o 16 de outubro no Centro ABANCA Obra Social de Santiago de Compostela. Nesta ocasión, o evento estará vinculado ao mundo da educación, a tecnoloxía e o emprendemento.