ABANCA colabora coas actividades formativas e divulgativas dos Hermanos Maristas
- O acordo de colaboración asínase por un ano e chega a 24 centros educativos de Asturias, Castela e León, Galicia e Portugal
- O convenio asinado permite á entidade financeira ofrecer condicións vantaxosas na contratación de produtos e servizos aos empregados destas institucións académicas
ABANCA impulsa o labor formativo e divulgativo dos Hermanos Maristas da provincia de Compostela coa firma dun convenio de colaboración. Este texto permite ás dúas entidades profundar en novas fórmulas para estreitar o seu traballo conxunto.
O director de zona de ABANCA en León Centro, Marcos Álvarez, e o administrador provincial dos Hermanos Maristas, Ángel Muñoz, foron os encargados de rubricar o novo convenio en Valladolid.
En virtude deste acordo, a entidade financeira apoiará activamente as actividades formativas e divulgativas organizadas polos Maristas no seu ámbito xeográfico. Contribúe non só á viabilidade das xa existentes, senón tamén a poñer en marcha outras iniciativas de perfil educativo.
Os Hermanos Maristas da provincia de Compostela agrupan a 24 centros localizados en Asturias, Castela e León, Galicia e Portugal. Trátase de comunidades educativas consolidadas e cunha ampla traxectoria docente e prestixio.
Vantaxes para os traballadores
O novo texto asinado polas dúas entidades permite aos empregados dos centros educativos dos Hermanos Maristas da provincia de Compostela acceder a un catálogo financeiro adaptado ás súas necesidades. Trátase dunha oferta que inclúe financiamento en condicións bonificadas, a través de préstamos hipotecarios e persoais. Ademais, o persoal destas institucións terá á súa disposición a conta clara, que inclúe unha atractiva remuneración, e a VISA Tú, unha tarxeta de crédito que se adapta ás necesidades de cada cliente.
Os empregados tamén accederán ao Programa Cero Comisións da entidade financeira, polo que se eliminan os pagos máis habituais e a Tarifa Plana de ABANCA Seguros, que fracciona sen intereses os pagos de seguros e bonifica ata un 7% do importe. Á súa disposición atoparán o catálogo de servizos móbiles de ABANCA que inclúe a súa banca móbil, considerada polos propios usuarios como unha das mellor valoradas do sector. Por último, poderán acceder á tarifa plana de valores para operacións de compra/venda en mercados nacionais de renda variable.