ABANCA colabora coas diferentes comunidades de regantes de Castela e León e impulsa a sostibilidade
- A entidade financeira e as principais comunidades de regantes da comunidade traballan para favorecer a mellora das explotacións de regadío
- Os convenios recollen un catálogo de produtos e servizos deseñados pola unidade especializada ABANCA Agro
- Os e as regantes terán acceso ao novo plan de pensións ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’ para persoas autónomas e á ‘Liña de Financiamento Agro Multidestino’

O presidente da Comunidad General de Regantes del Páramo Bajo de León y Zamora, Herminio Medina, e o director de zona de ABANCA en León provincia, Pedro Vidal, durante a firma.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

De esquerda a dereita: o presidente da Comunidad General de Regantes Canal del Páramo, Roberto San Martín; o director de zona de ABANCA en León provincia, Pedro Vidal; e o presidente do Sindicato Central del Embalse de Barrios de Luna, Ángel González.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O coordinador de ABANCA Agro en Castela e León, Alfonso García, e o presidente da Asociación de Comunidades de Regantes de la Cuenca del Duero (Ferduero), durante a firma.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O coordinador de ABANCA Agro en Castela e León, Alfonso García, e o presidente do Sindicato Central del Embalse de los Barrios de Luna, Julio César San Jose.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Coincidindo co arranque do ano, ABANCA continúa reforzando a súa aposta polo campo coa firma dos acordos de colaboración coa Comunidad de Regantes del Canal del Páramo, a Asociación de Comunidades de Regantes de la Cuenca del Duero (Ferduero), o Sindicato Central del Embalse de los Barrios de Luna e a Comunidad General de Regantes del Páramo Bajo de León y Zamora. Trátase de catro convenios financeiros que outorgan especial relevancia á sostibilidade e que permitirán aos e ás regantes mellorar a xestión dos recursos hídricos nos cultivos.
O coordinador de ABANCA Agro en Castela e León, Alfonso García, foi o encargado de firmar os respectivos acordos de colaboración coa Asociación de Comunidades de Regantes de la Cuenca del Duero (Ferduero) e o Sindicato Central del Embalse de los Barrios de Luna. Pola súa parte, o director de zona de ABANCA en León provincia, Pedro Vidal, firmou sendos acordos de colaboración coa Comunidad de Regantes del Canal del Páramo e coa Comunidad de Regantes del Páramo Bajo de León y Zamora.
As firmas dos convenios serviron como punto de encontro entre os firmantes para conversar sobre a situación actual do campo e os retos aos que se enfronta. Ademais, todas as partes acordaron manter un contacto fluido de cara a abordar en conxunto os posibles retos que poidan xurdir no futuro.
Compromiso de ABANCA co sector primario
A través dos convenios, ABANCA ratifica, un ano máis, o compromiso que mantén co sector primario, especialmente co mundo do campo. Trátase de acordos que sitúan a sostibilidade no foco principal e que contan cunha serie de fórmulas de crédito creadas para os e as regantes das catro comunidades. Cunha serie de produtos e servizos específicos, os documentos establecen a posta en marcha de novos proxectos e a mellora competitiva dos actuais, así como unha serie de préstamos específicos para as explotacións con cultivos de ciclo largo e regadío.
Os acordos, que canaliza a unidade especializada ABANCA Agro, ofrecen préstamos persoais, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros competitivos, así como liñas para favorecer o desenvolvemento de actividades sostibles, solucións como o leasing mobiliario e alternativas de financiamento das diferentes liñas oficiais que ABANCA subscribe con diversos organismos públicos, como o Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada e as novas liñas de SAECA e ICO.
‘Liña de Financiamento Agro Multidestino’ e plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’
Outro dos aspectos relevantes dos acordos é a ‘Liña de Financiamento Agro Multidestino’, un produto deseñado para responder ás necesidades e demandas do sector do campo que permite unificar nun único contrato o financiamento do día a día das explotacións e que agrupa o anticipo das axudas da PAC, o acceso a fondos para facer fronte aos gastos de campaña e o financiamento das primas de seguros agrícolas contratados en ABANCA. Todo isto conleva un aforro nos custos e a simplificación de trámites administrativos, polo que as persoas adheridas contarán, previa solicitude e aceptación por parte de ABANCA, con fondos en función das necesidades puntuais que xurdan ao longo do ano. Os convenios establecen tamén o novo plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, o primeiro plan de pensións simplificado para persoas traballadoras autónomas. Trátase dunha solución flexible e sinxela, creada para complementar a xubilación do colectivo e xerar un maior aforro que os plans individuais.