• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA colabora con Casintra para facilitar o apoio financeiro aos transportistas

  • O banco deseña unha oferta financeira adaptada ás necesidades dos profesionais desta cooperativa asturiana, que na actualidade conta con preto de 300 socios
  • Os transportistas poderán desfrutar de produtos e servizos específicos para facer fronte aos gastos correntes e terán a posibilidade de fraccionar o pago dos seguros de camións mediados por ABANCA

Na firma participaron o director territorial de ABANCA en Asturias e León, Marcos Lamas Seoane, e o presidente de Casintra, Francisco Javier Álvarez Rodríguez.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

25-02-2019
Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e a cooperativa de transporte e loxística asturiana CasintraSerás redirixido a outro sitio web alcanzaron un novo acordo financeiro co obxectivo de facilitar o acceso ao crédito aos profesionais que pertencen a esta sociedade.

Na firma, que tivo lugar na capital asturiana, participaron o presidente de Casintra, Francisco Javier Álvarez Rodríguez, e o director territorial de ABANCA en Asturias e León, Marcos Lamas Seoane. Este acordo súmase a outros que a entidade financeira mantén con algunhas das principais cooperativas de transporte asturianas, no marco da súa estratexia de apoio ao tecido empresarial do Principado.

Grazas a este acordo, os cooperativistas de Casintra terán a posibilidade de contratar produtos como préstamos persoais ou pólizas de crédito con intereses moi atractivos, pensados para facer fronte ás tensións de tesourería que se producen no desempeño da súa actividade económica. Os transportistas tamén dispoñerán de liñas de avais e poderán beneficiarse das diferentes liñas de financiamento que ABANCA ten subscritas con diversos organismos públicos, destacando ‘Empresas e Emprendedores’ de ICO e os convenios que a entidade mantén con diferentes SGR no territorio nacional.

A oferta de ABANCA tamén se centra en solucións de leasing para financiar novos transportes e no financiamento sen intereses para fraccionar as primas de seguros de vehículos mediados por ABANCA. Con este convenio poderán ademais acceder ao Programa Cero Comisións do banco, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Así mesmo, o acordo inclúe outros servizos e produtos específicos da entidade, entre os que destacan APLAZOS, o servizo de financiamento no punto de venda de ABANCA, e toda a súa oferta de banca a distancia.

Casintra é unha sociedade cooperativa de transportistas asturiana creada en 1971, que conta na actualidade cuns 300 socios e unha rede comercial estable con delegacións nos principais puntos estratéxicos do país. Ademais, conta cunha gran cantidade de almacéns loxísticos, entre os que destacan tres depósitos aduaneiros, xa que desde hai dous anos conta coa certificación OEA. ABANCA, pola súa banda, é a entidade financeira de referencia no noroeste español, cunha rede de case 700 oficinas e unha clara orientación cara ao tecido empresarial.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .