• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA colabora con Cruz Vermella na campaña ‘Hai moitos xoguetes. Unha maneira de axudar’

  • A entidade financeira porá a disposición da Cruz Vermella seis locais nas principais cidades galegas para a recollida e entrega de xoguetes
  • Os profesionais de ABANCA participarán na iniciativa doando xoguetes e colaborando como voluntarios na campaña

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

02-12-2015
RSC

ABANCA Obra Social colaborará por segundo ano consecutivo coa Cruz Vermella na campaña ‘Hai moitos xoguetes. Unha maneira de axudar’ coa que se pretende recoller xoguetes para os nenos, nenas e adolescentes galegos en situación máis vulnerable.

A entidade financeira porá a disposición da Cruz Vermella seis locais situados na Coruña (rúa Sol, 20), Santiago (Hórreo, 11), Lugo (Praza de Santo Domingo, 20), Pontevedra (Gagos de Mendoza 2), Vigo (Rosalía de Castro, 36) e Ourense (Avenida Santiago, 53) para a recollida e entrega de xoguetes. Ademais, os profesionais de ABANCA colaborarán como voluntarios doando xoguetes e participando tamén na recollida e entrega dos mesmos.

O perfil das familias que se verán beneficiadas con esta campaña é o daquelas que non dispoñen de moitos recursos económicos, ao carecer de ingresos estables, fundamentalmente como consecuencia da falta de emprego.

A posta en marcha desta iniciativa por parte de ABANCA Obra Social enmárcase dentro da política de Responsabilidade Social Corporativa da entidade financeira coa que pretende mostrar o apoio e compromiso de ABANCA cos problemas da nosa contorna. Na campaña do ano pasado, ABANCA conseguiu reunir preto de 1.000 xoguetes para doar á Cruz Vermella e entregalos ás familias máis necesitadas. Ademais, 15 persoas do cadro de persoal estiveron apoiando aos máis de 50 voluntarios de Cruz Vermella na recollida e reparto de todos estes xoguetes.

O xogo, un dereito fundamental

A ‘Declaración Universal dos Dereitos da Infancia’ (20 de novembro de 1959) recoñece o xogo como un dereito fundamental, posto que xogar posibilita situacións óptimas que inflúen no crecemento e desenvolvemento da infancia.

“Queremos que todos as nenas e nenos galegos teñan este dereito e poidan xogar este Nadal, por iso, volvemos a poñer en marcha esta iniciativa coa que pretendemos superar os 1.000 xoguetes doados o ano pasado”, sinala Tatiana Suárez, directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA.

Os xoguetes que se doen teñen que ser novos xa que non hai infancia de primeira e segunda categoría. Ademais, é importante que estean embalados porque non se pode garantir que un xoguete sexa 100% seguro a partir do momento no que se sacou do seu envoltorio orixinal. Non se admitirán xoguetes sexistas nin bélicos. Ao realizar a entrega debe estar visible a embalaxe (non hai que envolver os agasallos) para poder clasificalo adecuadamente por tramos de idades.

Os xoguetes poderán entregarse do día 9 ao 17 de decembro en horario de 11.00 a 19.00 horas nos locais cedidos por ABANCA na Coruña (rúa Sol, 20), Santiago (Hórreo, 11), Lugo (Praza de Santo Domingo, 20), Pontevedra (Gagos de Mendoza 2), Vigo (Rosalía de Castro, 36) e Ourense (Avenida Santiago, 53). Unha vez finalizado o tempo de doazón de xoguetes, do 18 ao 3 de xaneiro (excepto o 24, 25, 31 e 1 de xaneiro), os locais permanecerán abertos para entregar ás nenas e nenos das familias máis necesitadas os xoguetes dispoñibles.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .