• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA colabora con varias cooperativas do Deza para facilitar o acceso a financiación no sector agrario

  • A entidade financeira asina convenios de colaboración coas principais cooperativas agrarias da comarca pontevedresa: Cobideza, Campodeza e Gandeiros do Deza
  • Os cooperativistas poderán beneficiarse de anticipos das axudas da PAC e condicións melloradas na contratación de produtos do banco

Imaxe tras o acto de firma dos convenios en Lalín.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

17-07-2018
Negocio

ABANCA apoia novamente ao sector agrario galego grazas á firma de tres convenios rubricados de maneira individual coas principais cooperativas agrogandeiras do Deza: Cobideza, Campodeza e Gandeiros do Deza. Con estes novos acordos o banco comprometese con este sector estratéxico da comunidade para facilitar o acceso ao crédito e o anticipo das axudas europeas.

Na firma destes acordos participou a directora territorial de ABANCA en Pontevedra, María del Carmen Fernández Penas, que estivo tamén acompañada polo director de zona de ABANCA en Deza/Tabeirós, José Antonio Seoane Gómez, e o director de ABANCA AgroSerás redirixido a outro sitio web, Jesús Combarro Pereira. Por parte das cooperativas, estiveron presentes o presidente de Campodeza, Manuel Pichel Silva; o presidente de Cobideza, Román Santalla Agra; e o presidente de Gandeiros do Deza, Manuel Fernández López.

O convenio permite aos cooperativistas acceder a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito para o sector agrogandeiro, préstamos persoais, leasing mobiliario para financiar inversións, anticipos de subvencións e impostos, anticipos da PACSerás redirixido a outro sitio web de ata o 90%, financiación para pago de impostos, confirming ou avais. Unha oferta que inclúese na unidade ABANCA Agro, unha división especifica do banco para o sector agropecuario que conta cun catálogo de produtos financeiros adaptados ás necesidades do sector e un equipo de xestores especializados.

Grazas a este texto, os socios das distintas cooperativas tamén optarán ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais. Do mesmo xeito, poderán beneficiarse das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos, así como coa sociedade galega de garantía recíproca Sogarpo.

ABANCA, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos membros das cooperativas e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, poñerá a disposición deste persoal especializado en xestión de seguros, quen asesorará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada asociado. O banco ofrece aos interesados seguros específicos como a Liña Agro Seguro, o Seguro de Explotación Agraria, o Seguro Casas de Labranza ou o Seguro de Maquinaria Agrícola, entre outros.

Así mesmo, a través da firma destes acordos, a entidade financeira tamén facilita aos cooperativistas o acceso a tódolos servicios dixitais de ABANCA (banca móbil, banca electrónica, etc.).

Coa firma destes novos convenios, ABANCA reforza o seu compromiso cun sector clave para a economía galega e, en particular, para a comarca do Deza. A entidade financeira mostrou desde sempre o seu apoio ao traballo e esforzo dos agricultores e gandeiros. Un apoio que se viu reforzado en 2015 cando o banco creou ABANCA Agro, unha división centrada en atender as necesidades do sector.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .